RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora que “se fixera unha manifestación pacífica por parte dos vendedores ambulantes do mercado semanal. Teñen todo o dereito do mundo a expresar o seu descontento, pero eu desde o goberno municipal de Ribadeo considero que as normas tanto para eles como para todo o mundo, para todos os veciños do concello, están para cumprilas mentras non se deroguen”. Suárez Barcia engade que “incluso a oposición fixo no seu momento un amago de querer modificar a norma e a propia oposición renunciou a facelo así. Polo tanto non sería un estado de dereito si as normas permitíramos activamente que non se cumpriran”.
O rexedor ribadense considera que “ésta é unha polémica que desde o punto de vista da responsabilidade do goberno eu non lle vexo máis saída que que paguen o que ocupan, que reduzan a superficie de ocupación dos metros cadrados ao que realmente están declarando ou senón pois deben deixar o mercado de Ribadeo. Aínda que dubido que queiran deixar de vir a esta cita semanal e histórica porque se trata dun dos mellores mercados de toda a comarca pola súa situación e pola cantidade de xente que arrastra non só polo mercado senón polo que Ribadeo e o seu entorno ofrecen”.
Fernando Suárez lanza varias preguntas “qué debe facer o alcalde, calquera que sexa o alcalde, si despois os veciños se negan a pagar a contribución porque argumentan que hai moita crise e que non poden pagar tanto. Ou qué pasa si outra serie de veciños doutro tipo de hostelería non queren pagar as ocupacións de vía pública das mesas que están ocupando o solo público. Ou qué pasa si outros veciños non queren pagar tanta cantidade de auga porque argumentan que non poden chegar a fin de mes”. O alcalde di que “a situación é moi complicada e non se pode facer a excepción para ningún colectivo porque a crise en todo caso afecta a todo mundo e creo que hai que ser responsables e razoables co que se está facendo. Si a oposición quixera facer algo xa o podería ter feito e senón o que queda é cumprir a lei e nada máis”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



