A vicepresidencia da Deputación de Lugo rexeita as acusación do Partido Popular nas que asegura que o anuncio publicado onte nos medios de comunicación lucenses en contra do rescate de Europa á banca española foi pagado con diñeiro público.
Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, amósase sorprendido pola celeridade do Partido Popular en querelarse contra aqueles que se opoñen ao rescate bancario e as graves consecuencias que iso vai supor para á cidadanía en xeral. “É unha pena –insistiu- que non actúe coa mesma celeridade para denunciar a aqueles que provocaron a crise económica e levaron ás entidades bancarias á ruína, empezando polo seu compañeiro de partido Rodrigo Rato e seguindo polos directivos das caixas galegas pola súa nefasta xestión coa que, ademais, deixaron sen aforros a milleiros de galegos e galegas”.
Dende a vicepresidencia da Deputación de Lugo aseguran non estar dispostos a recibir leccións do Partido Popular sobre cales deben ser as prioridades á hora de investir o diñeiro público, máis cando a Xunta de Galiza, gobernada polo Partido Popular, acaba de deixar a 66 dos 67 concellos da provincia de Lugo sen Servizo de Axuda no Fogar, sen axudas para as escolas infantís e para os centros de maiores, e é a Deputación provincial de Lugo quen segue mantendo o Servizo de Axuda no Fogar en 66 dos 67 concellos lucenses.
Veiga pídelle ao Partido Popular que “se informe antes de falar, xa que dende a vicepresidencia da Deputación de Lugo non se utilizaron cartos públicos para pagar o anuncio contra o rescate bancario publicado baixo o lema: “Rescatan á banca, rouban ao povo”, xa que correu a cargo da asignación económica do Grupo Provincial do BNG, tal e como se pode ver nas facturas que se axuntan”. “Neste senso –concluíu o vicepresidente do ente provincial- esiximos ao Partido Popular que rectifique publicamente e se desculpe pola insidia que se deduce das súas declaración. Se non o fai, verémonos na obriga de acudir ao tribunais”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



