FALEMOS DE ASESORES POLÍTICOS
Vén sendo habitual nos partidos políticos que alcanzan o poder, sexa este de carácter local, provincial (deputacións) autonómico ou nacional, ofrecer un posto de asesor ou asesora a quen, habendo ido nunha lista electoral, non foron elixidos. É unha especie de pedrea para mitigar a desilusión e, sobre todo, a carencia de ingresos coa que quedan algúns.
Unha práctica aconsellable. Calquera cidadán do montón entende que se a unha persoa se lle nomea asesor ou asesora de algo debe ter o suficiente coñecemento e experiencia naquilo que vai asesorar. Con todo, isto non ocorre así. O escaso nivel intelectual da maioría do grupo que forman os asesores é, certamente, preocupante e máis aínda neste tempo de crise no que non se debe gastar o diñeiro en ineptos.
Poucas neuronas, pouca preparación, e moita mediocridade insultante están dando soporte a determinados cargos públicos co consecuente malgasto de recursos e o desprestixio do servizo que pretenden levar a cabo.
A Historia ofrécenos exemplos de todo tipo de gobernantes: crueis, sanguinarios, astutos, sagaces, mesiánicos, eficaces, heroes, cultos etc.. Sen dúbida, todas as súas personalidades influíron na forma de gobernar os seus países. A maioría proviñan dunha elite preparada e formada para dirixir os destinos dos seus pobos. Con todo, as cousas foron cambiando cos tempos e hoxe podemos dicir que estas elites preparadas para gobernar perderon un pouquiño a exclusiva ou o monopolio do poder.
Coa chegada das democracias tamén se democratizou o acceso ao poder e por el pasaron políticos máis ou menos preparados que sempre contaban co apoio do seu partido e de parte da poboación que lles votaba. O noso sistema democrático posibilitou que cheguen ao poder personaxes aos que non se lles coñece mérito algún polo que destaquen na sociedade. Forxáronse dentro dos seus partidos.
Non é de estrañar que este tipo de personaxes nomee como asesores a persoas que non teñen nin idea daquilo do que van asesorar. Non fai falta que estean preparados nin se lles esixe un currículo brillante, só vale a afinidade política e o desexo de compensar algún servizo prestado. Serven para asesorar en calquera sitio e non se lles coñece outra dedicación na súa vida que non sexa vivir no partido e do partido.
A diferenza. Para entender a diferenza entre bos e malos asesores baste sinalar que no campo da política hai un amplo tipo de accións posibles de ser deseñadas en espazos académicos, despachos presidenciais, axencias de comunicación, sedes partidarias ou movementos sociais. Durante xeracións estes espazos foron cubertos polos chamados “fontaneiros”, a sua función consiste en prover de argumentos e estratexias para a acción política a líderes e organizacións sociais.
Con todo, na actualidade moitos nomes de quen ocupan estes cargos e de quen poden depender decisións importantes, responden a criterios pouco rigorosos e, desde logo, pouco comprometidos cos seus empleadores. Eles exímense de calquera responsabilidade política. Son personaxes grises, cuxos méritos radica en estar no lugar oportuno no momento adecuado. Xente sen escrúpulos e con soños de grandeza.
A necesidade de bos asesores. Aínda que é certo que os asesores son necesarios, sobre todo cando o grao de complexidade do social esixe contar cun cadro amplo de especialistas á hora de propor políticas, a procedencia actual da maioría deles acaba por pervertir a súa función. Se ata fai poucos anos esta figura coincidía con persoas preparadas, a crise de militancia con suficiente preparación nos partidos tanto de dereitas como de esquerdas, abriu a porta a persoas sen compromiso político e con escasos dotes organizativos. Xa non son dirixentes ou cadros provenientes das organizacións políticas os responsables da estratexia a seguir. As decisións corresponden a personaxes afastados á vida política cotiá e, desde logo, pouco comprometidos no persoal co programa aprobado en congresos ou convencións. Estes novos asesores ofrécense a si mesmos ou son recrutados pola súa proximidade coa elite política. A súa máxima consiste en obter un posto de traballo e prestixio social.
Unha gran maioría dos asesores políticos actuais nunca serán loitadores sociais nin líderes carismáticos, nin militantes cuxa entrega convérteos en exemplos de loita. Son asesores e viven tranquilos e, o peor de todo, están gañado un soldo que non se merecen.
Otero Regal





Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



