A VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN ORGANIZOU A PROXECCIÓN DO FILME MORREU O DEMO, ACABOUSE A PESETA
Antonio Veiga, que asistiu á mesma, destacou “o peso que ten este proxecto para reforzar a labor divulgativa dun personaxe senlleiro da cultura galega como é Barriga Verde, o derradeiro exemplo en Galiza do monifateiro de feira”
A longametraxe foi rodada nunha vintena de localizacións de Galiza e Europa durante máis de dous anos
Barreiros, 30 de xuño de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou na presentación do documental Morreu o demo, acabouse a peseta, que explora as raíces europeas do títere de luva, coñecido como Barriga Verde, que percorreu Galiza entre 1910 e 1960. O acto tivo lugar en Celeiro de Mariñaos, lugar que acolleu, durante moitos anos, o carromato da familia Silvent, creadora do coñecido personaxe, durante os seus periplos pola Mariña Lucense.
A longametraxe documental, dirixida por Pedro Solla, autor tamén do guión xunto con Marcelo Martínez, está producida por Tintimán Audiovisual e conta co apoio da AGADIC (Asociación Galega das Industrias Culturais) e da TVG. A área de Cultura da Deputación de Lugo, que organiza esta proxección, colaborou co filme facilitando que a nova barraca de Barriga Verde, reconstruída pola compañía de títeres Viravolta, actuase nas festas das San Lucas e do San Froilán en 2010.
Este documental, que foi rodado nunha vintena de localizacións de Galiza e Europa durante máis de dous anos, trata de restaurar a memoria da familia Silvent a partir de conversas cos únicos descendentes dos titiriteiros, Juan Silvent e a súa muller Lidia, que asistiron á proxección, e da reconstrución do espectáculo realizado pola compañía lalinense Viravolta.
Na súa intervención, Antonio Veiga destacou “o peso que ten a elaboración e proxección deste documental para reforzar a labor de divulgación dun personaxe senlleiro da cultura galega como é Barriga Verde, o derradeiro exemplo en Galiza do monifateiro de feira, unha figura que formou parte dunha cultura popular que se desenvolveu ao marxe da cultura oficial durante séculos, por vía oral na meirande parte dos casos, e que agora corre o risco de desaparecer; unha figura que os mariñáns maiores de 40 anos





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



