A XUNTA DE GALIZA DALLE OUTRO MAZAZO AO RURAL CO DESMANTELAMENTO
DO SEU SISTEMA EDUCATIVO
A eliminación de Preescolar na casa, prazas de profesorado e incluso o peche de colexios
discrimina ao rural galego e aumenta a desigualdade de oportunidades.
Lugo, 24 de agosto de 2012. O sector agrogandeiro galego está padecendo unha grave crise
económica que está levando ao peche de explotacións nun goteo constante que parece non ter
fin. A actividade agraria, motor económico do rural galego esmorece namentres a Consellería do
Medio Rural e do Mar atópase “desaparecida ou morta en combate” desde fai ben tempo,
mostrando deste xeito o desinterese da Xunta polo rural galego, e xa que logo dunha parte
importante da poboación galega e do 85% do seu territorio.
Esta deixadez á que nos tiña acostumados a Xunta de Galiza respecto ao rural galego mudou
finalmente e pasou á acción, pero no sentido equivocado, aprobando medidas que desmantelan o
sistema educativo rural galego, e deste xeito, afondan na diferencia de oportunidades entre as
persoas que viven no rural e en contornos máis urbanos, é dicir, acelerando coa súas políticas o
despoboamento do rural galego.
Por unha banda, este curso que está a piques de comezar, a Xunta volve a aumentar as
subvencións a colexios privados, incluso a algúns centros ligados ao Opus Dei que segregan por
sexo, e por outra banda, baixa o orzamento do sistema educativo público que van supoñer, entre
outras cousas, a supresión de 199 postos de traballo e mesmo o peche de 12 centros educativos
na súa maioría de educación infantil.
Alén diso, coa eliminación de unidades educativas e de profesores no rural (só na provincia de
Lugo pérdense 43 unidades e sobre 60 profesores nos concellos rurais) provoca non só o
aumento do número de alumnos por aula, senón tamén que se agrupen estudantes de idades e
necesidade diferentes. Con isto, na educación infantil e primaria, etapas fundamentais na
adquisición de ferramentas básicas como a escritura e a comprensión oral, xa de por si
degradadas polas políticas do Partido Popular, vanse ver aínda máis afectadas no rural.
Supresión de preescolar na casa
Preescolar na casa, programa pioneiro e único en Europa que está a ser imitado noutras partes
do Estado e da Unión Europea, foi liquidado polo PP. Un plantexamento educativo que daba
cobertura a 4000 familias do rural e que atendía aos nenos e nenas no seu propio entorno foi
eliminado baixo pretextos orzamentarios cando aumentan as partidas destinadas aos centros
privados. Curiosamente con esta erradicación tamén se exclúe ao galego dos primeiros pasos
educativos dos nosos pequenos.
Por todo o anterior, desde a Federación Rural Galega-FRUGA, esiximos á Xunta de Galiza que
deixe de discriminar ao rural galego e que, ademais de buscar solucións á crise agraria que
padecemos, repoña os servizos públicos educativos do rural para así manter a igualdade de
oportunidades entre todos os galegos independentemente do seu lugar de residencia.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



