Esta campaña acadou xa preto de 3.500 visitantes nas 7 localidades galegas que percorreu até agora
ECONOMÍA E INDUSTRIA ACHEGA A CARAVANA DE GALICIA CALIDADE Á MARIÑA PARA PROMOCIONAR O CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS
A iniciativa da Consellería que dirixe Javier Guerra achegará a calidade dos produtos galegos a 35.000 persoas cunha sede móbil que percorrerá 35 localidades, ata rematar o verán
Mañá comeza o percorrido pola Comarca da Mariña Lucense, coa visita aos concellos do Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro
A campaña inclúe obradoiros de cociña e actividades para os cativos
Lugo, 28 de agosto de 2012.- A sede móbil da campaña posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria para promocionar o consumo de produtos galegos coa marca Galicia Calidade comezará mañá o percorrido pola Comarca da Mariña Lucense.
Até agora esta iniciativa ten permitido ofrecer a preto de 3.500 persoas, en sete localidades galegas, información de primeira man sobre a marca Galicia Calidade, así como a súa aposta pola innovación e a internacionalización das empresas da Comunidade e os produtos e servizos asociados. Ademais, esta previsto que ao longo de toda a campaña se poida achegar a calidade dos produtos galegos a 35.000 persoas, cunha sede móbil que percorrerá 35 localidades, ata o 29 de setembro.
A marca Galicia Calidade conta xa con máis de 150 produtos e servizos amparados dun total de 44 empresas asociadas, que deste xeito adquiren un importante valor engadido, recoñecido como sinónimo de confianza, prestixio e calidade. De feito, os programas de auditorías e ensaios de Galicia Calidade garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos, para o que é preciso que conten coas materias primas de máis alta calidade, óptimas producións e excelentes servizos.
Esta unidade móbil ten visitado xa os concellos de O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Chantada, Monforte de Lemos e Sarria. Mentres que hoxe a caravana atópase no Barco de Valdeorras e mañá comezará a xira pola Mariña no concello de Ribadeo, para achegarse despois aos municipios de Foz (30 de agosto), Burela (31 de agosto) e Viveiro (1 de setembro).
A Campaña conta con distintas iniciativas como obradoiros de cociña con produtos de Galicia Calidade, que se poden seguir tanto desde o interior do vehículo, equipado cunha cociña, como a través das pantallas habilitadas no exterior, para despois ofrecer unha degustación dos produtos cociñados entre o público e máis recetarios. Ademais, esta campaña tamén inclúe reparto de obsequios, folletos promocionais e sorteos, e un castelo inchable para os cativos, todo co obxectivo de dar a coñecer a marca Galicia Calidade.
—————
Mércores 29, unha xornada de divulgación dos produtos galegos
Lémbrovos que cada demostración dura unha hora e que podedes elixir de horario as 12.30 h, as 17.30 h e as 19.00 h.
Teléfono para se apuntar: 609 050 176 ou no enderezo de correo cultura@ribadeo.org
ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOCIONA A MARCA GALICIA CALIDADE E O CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS CUNHA CAMPAÑA QUE PERCORRERÁ 35 LOCALIDADES
Ponse en marcha ata o 29 de setembro unha sede móbil que ofrecerá no centro das vilas información sobre as empresas asociadas a este selo de garantía
O obxectivo é que esta iniciativa chegue a 35.000 persoas ata finais de verán
ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOCIONA A MARCA GALICIA CALIDADE E O CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS CUNHA CAMPAÑA QUE PERCORRERÁ 35 LOCALIDADES
A Consellería de Economía e Industria, a través da entidade Galicia Calidade, pon en marcha unha campaña de promoción que percorrerá ata o vindeiro 29 de setembro un total de 35 localidades galegas das catro provincias co obxectivo de achegar de primeira man á cidadanía este selo de garantía e promover tamén o consumo de produtos galegos.
Ao longo desta iniciativa, que comeza hoxe na Praza Maior do Carballiño e ten por obxectivo chegar a 35.000 persoas, unha sede móbil situarase cada día no centro dunha localidade galega, ofrecendo información de primeira man sobre a marca Galicia Calidade, a súa aposta pola innovación e a internacionalización das empresas galegas e os produtos e servizos asociados.
Ademais, cada día realizaranse demostracións e obradoiros de cociña con produtos de Galicia Calidade, ás 12:30, ás 17 e ás 19 horas, que se poderán seguir tanto desde o interior do vehículo, equipado cunha cociña, como a través das pantallas habilitadas no exterior. Os produtos cociñados repartiranse entre o público, ao que tamén se lle ofrecerán recetarios.
Tamén haberá reparto de obsequios, folletos promocionais e sorteos, e un castelo inchable para os máis pequenos, todo co obxectivo de dar a coñecer a marca Galicia Calidade, que conta xa con máis de 150 produtos e servizos amparados dun total de 44 empresas asociadas, que contan así cun valor engadido, recoñecido polos consumidores como sinónimo de confianza, prestixio e calidade.
Os programas de auditorías e ensaios de Galicia Calidade garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos, para o que é preciso que conten coas materias primas de mais alta calidade, óptimas producións e excelentes servizos.