O vindeiro sábado, día 22 de setembro, ás 20 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Alfoz unha mesa redonda para debater a actual situación da educación e dos centros educativos no concello. Nesta mesa redonda haberá representantes dos dous centros educativos de Alfoz, o CEIP “Castro de Ouro” e o Instituto Alfoz-Valadouro, así como representantes das APAs, concretamente da APA do CEIP “Castro de Ouro” (posto que o Instituto Alfoz-Valadouro non ten APA) e da FEPACEL (Federación de APAs da provincia de Lugo). Na organización desta mesa redonda colaboran o Departamento de Cultura e Educación do Concello de Alfoz e o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA).
Organizan unha mesa redonda en Alfoz para debater a situación da educación e dos centros educativos no concello
Organizan unha mesa redonda en Alfoz para debater a situación da educación e dos centros educativos no concello
Relacionado
-
O PPdeG asegura que o Hospital da Mariña “ten hoxe máis servizos, máis prestacións, máis especialistas e máis calidade asistencial que nunca”
-
O Grupo Socialista reclama a recuperación da área sanitaria da Mariña: “Nunca antes o Hospital de Burela estivo peor que agora”
-
O BNG acusa o PP de afondar na “infamia” e actuar como cómplice do machismo ao negarse a rectificar no ‘caso Villares’