EMMA ÁLVAREZ REUNIRÁSE A VINDEIRA SEMANA CO SECTOR COMERCIAL DE LOURENZÁ. O OBXECTIVO DESTA XUNTANZA E DOUTRAS PREVISTAS PARA AS VINDEIRAS SEMANAS É COÑECER AS INQUEDANZAS E NECESIDADES DOS DISTINTOS COLECTIVOS.
Lourenzá, 29 de setembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, puxo en marcha unha serie de reunións cos diferentes colectivos do concello, encontros que empezaron nesta semana cun grupo de discapacitados e que continuarán cunha xuntanza cos empresarios para seguir con outras asociacións. O obxectivo desta iniciativa é coñecer as inquedanzas e as necesidades dos distintos colectivos.
Emma Álvarez explicou que con motivo do seu recente nomeamento como rexedora municipal desde o equipo de goberno “decidimos facer unha serie de xuntanzas cos distintos sectores e colectivos para palpar de primeira man a realidade que vive o noso concello, oir o que nos din os seus protagonistas para así saber cales son as suas inquedanzas e as súas necesidades”.
No marco destas xuntanzas esta mesma semana a rexedora e o seu equipo reuníronse co colectivo de persoas discapacitadas, “cos que tratamos temas como, por exemplo, a creación de dúas novas prazas de aparcamento para facilitar a integración destas persoas no día a día do casco urbano”.
A alcaldesa de Lourenzá indicou que “na próxima semana temos previsto reunirnos cun colectivo que cremos que é moi importante para a economía do noso concello, é o sector comercial, de autónomos e de industriais. A importancia deste colectivo xa a plasmábamos coa creación dunha Delegación de Comercio por primeira vez neste Concello. Consideramos moi importante esta xuntanza sobre todo nun momento económico como o que estamos a vivir e tamén porque coincide coa desaparición da asociación que aglutinaba a este colectivo en meses pasados, deixa así de existir un interlocutor único para transmitir a súa problemática”.
Nas semanas vindeiras a rexedora ten previsto manter outra serie de xuntanzas nas distintas parroquias e tamén con diferentes asociacións de Lourenzá.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



