Últimas prazas para as 70 bolsas de emprego en Europa que a Deputación ofrece a mozos titulados da provincia
– Os interesados nas becas Leonardo da Vinci poden inscribirse ata o martes, 2 de outubro, entregando en San Marcos ou na Fundación TIC a documentación correspondente, que poden consultar na web www.deputacionlugo.org
– As bolsas están dirixidas a titulados universitarios en profesións relacionadas co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida; e titulados de FP en audiovisuais
– Os beneficiarios mellorarán a súa formación facendo prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda
O prazo de solicitude das 70 bolsas de emprego en Europa que a Deputación de Lugo ofrece a mozos titulados da provincia entra na súa recta final. Os interesados en gozar dunha destas becas, totalmente gratuítas, que permite mellorar a formación facendo prácticas en empresas europeas poden formalizala inscrición ata o vindeiro martes, 2 de outubro, incluído, entregando en San Marcos ou nas instalacións da Fundación TIC a documentación requirida, que poden consultar na páxina www.deputacionlugo.org
Trátase de 70 becas enmarcadas no programa Leonardo da Vinci, de dous tipos:
As Lugojob: 50 becas para lucenses menores de 35 anos con formación universitaria relacionada cos seguintes sectores: agricultura, silvicultura, pesca, protección do medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. Lugojob ofrécelles prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda durante 3 meses. Non obstante, a estancia en ditos países será de 3 meses e medio porque durante as primeiras dúas semanas os participantes realizarán un curso de perfeccionamento do idioma.
As TIC Lugo: a Fundación TIC, como organismo provincial especializado no desenvolvemento das tecnoloxías da Información e da Comunicación, xestiona 20 becas para lucenses menores de 30 anos, que nos últimos tres anos remataron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da TIC. Ticlugo ofrécelles prácticas en empresas de Portugal, Italia e Irlanda durante 2 meses e medio. A estancia nestes países será de 3 meses, xa que durante as dúas primeiras semanas os participantes tamén realizarán un curso de idioma.
A documentación necesaria
Os interesados nestas accións formativas, financiadas ó 70% pola UE, deberán entregar a seguinte documentación: fotocopia do DNI, certificado ou volante actualizado de empadroamento nalgún dos Concellos da provincia, fotocopia do título académico, currículum, certificado actualizado de períodos de inscrición como demandante de emprego, un escrito indicando a adecuación do título académico ós sectores ós que se dirixen as bolsas, e unha declaración responsable de non ser anteriores beneficiarios dunha axuda Leonardo da Vinci.
No caso das becas Lugojob, hai que entregar esta documentación no Rexistro da Deputación de Lugo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a sábado. Pola súa banda, os aspirantes ás bolsas Ticlugo, teñen que facelo na secretaría da Escola de Imaxe e Son, na rúa Frei Plácido Rei Lemos da capital, en horario de 8:30 a 15:00, de luns a venres.
Proceso de selección
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitude, publicarase no Taboleiro de Anuncios e nas páxinas web da Deputación e a Fundación TIC a listaxe de aspirantes. Como figura nas bases, o proceso de selección consistirá nunha proba de coñecemento (un cuestionario tipo test de 20 preguntas), na baremación dos méritos acreditados polos peticionarios e nunha entrevista persoal. A lista de admitidos publicarase no Taboleiro de Anuncios de Deputación e Fundación TIC, e nas súas webs: www.deputacionlugo.org e www.fundaciontic.org




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



