Do traballo constante á vitoria colectiva
A Mariña respira tranquila dende que se coñeceu a sinatura da orde ministerial para manter o prezo da enerxía eléctrica. Pero sería inxusto marcar ese día no calendario como o día máis importante para o futuro de Alcoa dende que comezou este conflito coas eléctricas. Sería inxusto, pero tamén sería faltar á verdade, porque todos e cada un dos días foron cruciais, e a ansiada solución ten detrás un traballo constante e sen descanso por parte do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo manifestou xa dende o inicio que a viabilidade de Alcoa era irrenunciable para o Goberno galego. E foi precisamente ese compromiso do presidente o que fixo nacer en min un optimismo que mantiven en todo momento e que teño manifestado en público en múltiples ocasións. Un optimismo que non me abandonou nunca. Só era necesario confiar na palabra de Núñez Feijóo, que fixo un excelente papel mediador e que demostrou a súa plena implicación coa Mariña.
Pero se temos que falar de días clave para a solución do conflito, non podemos esquecer a visita do ministro de Industria e o seu anuncio de crear un sistema para manter a competitividade da empresa, ou o día no que Mariano Rajoy se reuniu nos Estados Unidos co presidente da multinacional, ou todos os días nos que o presidente do Executivo galego se reuniu coa dirección da empresa, ou todos os días nos que Núñez Feijóo reiterou ante a opinión pública o carácter prioritario e irrenunciable de Alcoa.
Eran moitos os motivos para ser optimista, e por iso a chegada dunha solución por escrito non supuxo para min ningunha sorpresa. Pero hoxe, cos papeis sobre a mesa, ata os máis escépticos aplauden as medidas adoptadas. Agora si, o optimismo é un sentimento colectivo e xeneralizado. Aínda así, non podemos esquecer as numerosas dificultades atopadas no camiño da negociación. Uns obstáculos en forma de cifras de déficit tarifario desorbitadas ou dun sistema eléctrico liberalizado, situacións que nada teñen que ver coas políticas do actual Goberno do Estado. Pero a pesar de todo, gañamos. Gañou Cervo como concello no que se asenta a factoría; gañou A Mariña como comarca na que máis repercute a presenza de Alcoa; e gañou en xeral toda a sociedade. Porque esta é unha vitoria de todos e cada un dos mariñáns, que se implicaron na causa e velaron por conseguir que a planta non pasase a formar parte da nosa memoria para seguir estando no o noso presente e no noso futuro. A Mariña estivo en todo momento con Alcoa. Por iso tamén agardo que Alcoa responda pola Mariña e estea á altura da sensibilidade demostrada por todos os mariñáns.
Alfonso Villares, alcalde de Cervo


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



