ERMIDA CHAMA A VOTAR AO BNG PARA EVITAR QUE OS ESTUDANTES DE HOXE SEXAN OS PARADOS DE MAÑÁ
‘Os galegos e as galegas deben mostrar nas urnas o seu rexeitamento á política educativa selectiva e discriminatoria que defende o Partido Popular’
Dende o BNG consideran prioritario incrementar o investimento en educación para conter o desemprego xuvenil, que en Viveiro supera xa o 24 por cento
‘Precisamos o voto de todos os xóvenes para crear unha Galiza con oportunidades laborais’
Ribadeo, 17 de outubro de 2012. A candidata número 3 do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento de Galiza, Ana Ermida, manifestou, esta mañá, o apoio da formación nacionalista ás mobilizacións convocadas por estudantes e familiares en contra dos recortes efectuados polo Partido Popular e alertou das ‘consecuencias irreparábeis’ que tería un novo goberno de Alberto Núñez Feijóo no eido da educación.
Ermida insistiu en que ‘a máxima da política educativa do Partido Popular é crear un ensino exclusivo, só para ricos. Durante a lexislatura que vén de rematar, a Xunta suprimiu a gratuidade dos libros de texto, pechou escolas e unidades educativas, eliminou programas como Preescolar na Casa cuxos beneficios foron contrastados e recoñecidos por expertos, eliminou liñas de transporte escolar e axudas aos comedores, reduciu o número de mestras e mestras, en contra das recomendacións dos especialistas en educación, agrupou a rapaces e rapazas de idades moi diferentes, e no ensino universitario aplicou recortes orzamentarios próximos ao 20 por cento. Todas as medidas adoptadas polo executivo de Núñez Feijóo son contrarias a unha educación pública e de calidade e todas conducen a fortalecer as escolas concertadas e privadas, é dicir, a unha educación só para ricos.’
‘No BNG – continuou a candidata – non estamos dispostos a apoiar unha educación selectiva e discriminatoria como a que defenden os populares. Votar Partido Popular o vindeiro domingo é apoiar as políticas de desmantelamento da educación pública e axudar a que os estudantes de hoxe sexan ao parados de mañá. ’
Neste senso, o Bloque Nacionalista Galego defende a importancia de priorizar o investimento en educación, procurando acadar o 6 por cento do PIB, de atender con éxito a diversidade e a integración social e cultural, de actuar na prevención e na redución do fracaso escolar que en Galiza duplica xa a media europea, e de apostar por fixar servizos educativos no medio rural.
Para Ermida ‘o investimento en educación debe ser unha prioridade e o primeiro paso para evitar que sega incrementándose o paro xuvenil. Dende 2009, o desemprego entre os menores de 25 anos da comarca da Mariña acadou o 15 por cento pero foi en Viveiro onde dito aumento acadou cifras dramáticas superando o 24 por cento.’
A candidata do Bloque Nacionalista chamou aos mozos e mozas desempregados a que amosen a súa rebeldía ante os recortes e a falla de oportunidades laborais nas urnas e insistiu na importancia que ten cada voto para garantir un bo futuro para Galiza. ‘Precisamos dos votos de todos os xóvenes para crear un pais con oportunidades educativas e laborais.’
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



