CERVO .- Cervo tramitará as solicitudes de axudas para familias con fillos menores de 3 anos ao seu cargo. O epartamento Municipal de Servizos Sociais de Cervo informará e tramitará nas oficinas da Casa do Concello ou ben na Casa da Cultura en San Ciprián as axudas por importe de 360 euros que teñen dereito a recibir as familias galegas por cada un dos fillos menores de 3 anos que estean ao seu cargo.
NOTA DE PRENSA
Os beneficiarios son aquelas persoas con fillos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2006 e 1 de xaneiro de 2009, ambos inclusive e que, por razón dos ingresos obtidos non estiveran obrigados a presentar a declaración da renda
CERVO TRAMITARÁ AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA FAMILIAS CON FILLOS MENORES DE 3 ANOS AO SEU CARGO
· O prazo de solicitude remata o 13 de maio e a contía das prestación ascende a 360 por fillo.
· Os técnicos municipais da Casa da Cultura de San Ciprián e do Concello de Cervo informarán e tramitarán as correspondentes solicitudes.
Cervo, 03 de abril de 2009.- O Departamento Municipal de Servizos Sociais de Cervo informará e tramitará nas oficinas da Casa do Concello ou ben na Casa da Cultura en San Ciprián as axudas por importe de 360 euros que teñen dereito a recibir as familias galegas por cada un dos fillos menores de 3 anos que estean ao seu cargo.
A orde do 11 de marzo de 2009 –publicada no Diario Oficial de Galicia o 03/04/09- establece as bases que rexerán a concesión desta prestación económica de pagamento único. Os beneficiarios son aquelas persoas con fillos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2006 e 1 de xaneiro de 2009, ambos inclusive e que, por razón dos ingresos obtidos non estiveran obrigados a presentar a declaración da renda. Esta axuda tamén é extensible aos casos de adopción ou acollemento.
O prazo de solicitude das axudas remata o 13 de maio entre a documentación que deben achegar para solicitar a axuda está a fotocopia do DNI da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella, a autorización dos membros da unidade familiar para poder consultar os seus datos de carácter tributario, a fotocopia do libro de familia e da cartilla de aforros e a declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas con este mesmo obxecto por outra administración pública.
—
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO PARA O ANO 2009
D. ALFONSO VILLARES BERMÚDEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Cervo, INFORMA:
Segundo a Orde do 11 de marzo de 2009, DOG. núm. 65 do 03/04/09, establécense as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo/a menor a cargo.
Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 2-1-2006 e o 1-1-2009, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2008, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
• Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
Para solicitar a mencionada axuda será necesario presentar a seguinte documentación:
– Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella
– Autorización dos membros da unidade familiar para obter os seus datos de carácter tributario (anexo II)
– Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento de cada un dos fillos menores de 3 anos
– Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta, ou certificación bancaria
– Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo III)
– Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, e do convenio regulador, de ser o caso.
– Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2008 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude e copia do DNI/NIF, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 13 de MAIO
As persoas interesadas deberán acudir ó Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello ou ben á Casa da Cultura en San Cibrao.
Cervo, 3 de abril de 2009
O ALCALDE
Asdo. Alfonso Villares Bermúdez























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



