15 de decembro de 2012. Neste día, ADEGA celebrou en Compostela a súa 37 Asemblea Xeral Ordinaria. Baixo o lema “Rescata o teu ambiente”, debatemos sobre a necesaria reposta do movemento ecoloxista á crise e á perda de dereitos, que son tamén ambientais. Alén de continuarmos, como vimos facendo dende hai 37 anos, a termar do ambiente fronte á recolonización e á especulación cos nosos recursos naturais, concordamos tamén en ofrecer propostas en positivo dende o ecoloxismo a nunha sociedade cada vez máis precarizada polo capitalismo. No decurso desta 37 Asemblea, eliximos tamén a nova Xunta Directiva, que preside novamente a compañeira Virxinia Rodríguez. Xa pola noite, na cea anual de confraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2012. Accede ao álbum coas fotos dos actos (Ramsés Pérez)
RESOLUCIÓNS da 37 Asemblea de ADEGA:
Derrogación do “decretazo” contra o galego: A Asemblea de ADEGA esixe da Xunta de Galiza a inmediata derrogación do chamado “decreto do plurilingüismo”, após as 6 sentenzas do TSXG contrarias a esta vergoñenta norma, e a elaboración dun novo decreto que teña como punto de partida o Plano de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento en 2004.
Indulto para David Reboredo: A Asemblea de ADEGA expresa a súa solidariedade con David Reboredo e a súa familia e esixe ao governo español que tramite á maior brevidade o sei indulto. É indigno que se teña denegado esta medida de graza a unha persoa totalmente rehabilitada e útil á sociedade como David, mentres por dúas concedeuse un indulto a torturadores convictos e banqueiros.
Rexeitamento do “fracking”: A Asemblea de ADEGA demanda da Xunta de Galiza a aprobación das normas legais precisas para prohibir o “fracking” ou fractura hidráulica profunda en todo o noso territorio, así como nas augas de competencia autonómica, tal e como acaba de facer o governo de Cantabria.
NOVA XUNTA DIRECTIVA DE ADEGA. 37 ASEMBLEA XERAL, 2012
-Presidenta e vogal de Ríos: Virxinia Rodríguez
-Vicepresidente e vogal de Litoral: Xandro García
-Secretario Xeral e vogal de Mundialización e Pacifismo: Froilán Pallín
-Vicesecretario Xeral e vogal de Biodiversidade: Xosé Salvadores
-Tesoureiro: Xan Louzao
-Vogal da Comisión Permanente e de Protección Animal: Isabelle Kerdudo
-Vogal da Comisión Permanente e de Publicacións: Manuel Soto?
-Vogal da Comisión Permanente: Marcial Barral
-Vogal da Xunta Directiva: Xesús López Piñeiro
-Vogal da Xunta Directiva: Monserrat Lombardía
-Vogal da Xunta Directiva: Alberte Sánchez
-Vogal da Xunta Directiva: Pepa Pérez Sañudo
-Vogal da Xunta Directiva: Nes Lopes
-Vogal da Xunta Directiva: Serxio Perille
-Vogal de Afiliación: Verónica Torrijos
-Vogal de Agroecoloxía e Transxénicos: Margarida Miguéns
-Vogal de Cambio Climático: Xurxo Costoia
-Vogal de Consumo Sustentábel: Marie Lacassagne
-Vogal de Comunicación: Belén Rodríguez
-Vogal de Cooperación e Muller: Lucía Parente
-Vogal de Dereito Ambiental: Fernando de Abel
-Vogal de Educación Ambiental: Ramsés Pérez
-Vogal de Enerxía: Fins Eirexas
-Vogal de Espazos Naturais: Martiño Fiz
-Vogal de Estratexias de Comunicación: Benigno F. Salgado
-Vogal de Medio Rural e Montes: Xabier Bruña
-Vogais de Mocidade: Macías López e Sigrid Bouzón
-Vogal de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Daniel L. Vispo
-Vogal de Patrimonio Cultural e Arqueoloxía: Manolo Miranda
-Vogal de Patrimonio Xeolóxico: Xoán Ramón Vidal-Romaní
-Vogal de Recursos Audiovisuais: Xosé Luís Blanco
-Vogal de Residuos: María Lafuente
-Vogal de Saúde Ambiental: Luis Díaz Cabanela
-Vogal de Transporte e Mobilidade: Adela Figueroa
-Vogal de Voluntariado: Paco Bañobre





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



