56 dos 67 concellos da provincia adheríronse ao protocolo proposto pola Vicepresidencia da Deputación para cofinanciar a Teleasistencia Domiciliaria
No 90 por cento dos concellos lucenses está garantida a continuidade do servizo de Teleasistencia Domiciliaria para 2013
Vicepresidencia agradece aos concellos de todas as cores políticas o seu esforzo a prol do benestar dos maiores
Lugo, 18 de decembro de 2012. Máis de 1.370 lucenses seguirán sendo atendidos polo servizo de Teleasistencia Domiciliaria despois de que os seus concellos se adherisen ao protocolo popostosto pola Vicepresidnecia da Deputación para garantir a continuidade do servizo en 2013,
56 dos 67 concellos da provincia remitiron asinado dito protocolo polo que se acorda cofinanciar ao 50 por cento o servizo de Teleasistencia Domiciliaria despois de que o Goberno do Estado suprimise a partida orzamentaria do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade coa que, a través do IMSERSO, se finaciaba o 65% do custe do servizo, e tras a falla de resposta da Xunta de Galiza para facerse cargo de dita porcentaxe.
Dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo subliñan a colaboración amosada polos concellos de todas as cores políticas dado o esforzo que supón tanto para eles como para a institución provincial que incrementa a súa aportación nun 15 por cento, pasando de aportar o 35 ao 50 por cento, pero aseguran que o primeiro debe ser o benestar das persoas.
Malia que o prazo xa rematou, é posíbel que se reciban máis aceptacións debido á comunicación entre os diferentes rexistro, co que o número de concellos podería ampliarse ata a práctica totalidade
Concellos que cofinanciarán ao 50% o servizo de Teleasistencia Domiciliaria
| Concellos | Usuarios/Usuarias |
| A Fonsagrada | 19 |
| A Pastoriza | 4 |
| A Pontenova | 7 |
| Abadín | 22 |
| Alfoz | 8 |
| Antas de Ulla | 2 |
| As Nogais | 1 |
| Baleira | 5 |
| Baralla | 17 |
| Barreiros | 13 |
| Becerreá | |
| Begonte | 11 |
| Bóveda | 12 |
| Burela | 19 |
| Carballedo | 7 |
| Castro de Rei | 18 |
| Castroverde | 8 |
| Cerventes | 4 |
| Chantada | 41 |
| Cospeito | 21 |
| Folgoso do Courel | 2 |
| Friol | 23 |
| Guitiriz | 20 |
| Láncara | 11 |
| Lourenzá | 13 |
| Lugo | 365 |
| Meira | 7 |
| Mondoñedo | 25 |
| Monforte | 96 |
| Monterroso | 11 |
| Navia de Suarna | 2 |
| Negueira de Muñiz | |
| O Corgo | 11 |
| O Incio | 9 |
| Ourol | 7 |
| Outeiro de Rei | 11 |
| Palas de Rei | 11 |
| Pantón | 15 |
| Paradela | 16 |
| Pedrafita | 6 |
| Pol | 20 |
| Portomarín | 8 |
| Quiroga | 36 |
| Rábade | 18 |
| Ribadeo | 115 |
| Ribas de Sil | 11 |
| Ribeira de Piquín | 1 |
| Riotorto | 5 |
| Sober | 36 |
| Taboada | 15 |
| Trabada | 4 |
| Triacastela | 3 |
| Vilalba | 90 |
| Viveiro | 60 |
| Xermade | 47 |
| Xove | 5 |
| Total | 1.374 |





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



