ESTE MEDIODÍA FORON APROBADOS OS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS DE LOURENZÁ PARA 2013. OS ORZAMENTOS CONTARON CO APOIO DO EQUIPO DE GOBERNO E A ABSTENCIÓN DOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN.
Lourenzá, 28 de decembro de 2012. Cos votos a favor do PP e abstención dos partidos da oposición foron aprobados os presupostos municipais de 2013 que ascenden a 1.700.000 euros. Os orzamentos sofren un incremento do 3’76% con respecto aos deste ano “debido á subvención que nos foi concedida para rehabilitar o Pazo de Tovar”, segundo lembrou esta mañá a alcaldesa, Emma Álvarez.
O capítulo de gastos de persoal baixa un 4’45% e increméntase nun 59’68% o capítulo de investimentos, que contempla 76.000 euros para o mantemento de pistas, estradas e bens de uso público. A Servizos Sociais destínanse 195.000 euros e a Educación, Cultura, Deportes e Sanidade 498.000 euros. Os presupostos de 2013 contemplan unha partida de 10.000 para a festa da faba e outra de 2.000 para o domingo de piñata. Estas están incluídas dentro da partida de actuacións de carácter económico que ascende a 134.000 euros.
A rexedora subliñou que se trata duns presupostos realistas, rigorosos e austeros.
No pleno extraordinario celebrado esta mañá tamén de aprobou o padrón de habitantes de Lourenzá, que a 1 de xaneiro de 2012 se sitúa en 2.399 persoas, das que 1.154 son homes e 1.245 mulleres. O padrón baixou en 50 persoas con respecto ao de 1 de xaneiro de 2011. Nese ano houbo 7 nacementos en Lourenzá e 39 falecementos, e o resto ata chegar aos cincuenta obedece a cambios de domicilio, fundamentalmente de residentes estranxeiros.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



