Unifoz, ten que denunciar a situación na que se encontran os comedores escolares que por motivo do incumprimento da lei de pagamentos pola propia Xunta de Galicia gobernada polo PP, que incumpre o imposto polo Goberno de Madrid do PP, provoca ós propios Centros Escolares non podan cumprir a lei no pago a provedores, e provocando que estes podan reclamar intereses segundo regula a lei ao non poder pagar dentro dos 40 días.
Dende Unifoz, cremos que as palabras do Sr Ministro fai uns días onde dicía que si un provedor tiña facturas sen cobrar dunha administración publica despois dos corenta días,,podía acudir ao propio Ministerio para reclamar, nos parece un insulto, tendo en conta a realidade das administracións, e temos que manifestar que esa lei se fixo para non cumprir nin polo propia administración, como é o caso da propia Xunta de Galicia que co incumprimento de pago de comedores dun 90 % da cantidade pendente, provoca que os propios centros non podan cumprir a lei.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela.