O Burela FS Pescados Rubén declara transferibles a André, Dani Martín, Hugo e Enrique. Esta mesma mañá a directiva laranxa comunicoulles a decisión; o club escoitará todas aquelas propostas que reciba polos xogadores para facilitar a súa saída do equipo mariñán.
O italo-brasileiro André Nogueira, de 25 anos, asinou co Burela FS en 2009-10 procedente do ASD Regalbuto, da Serie A2 italiana; o ala-peche disputou tres play offs a Primeira defendendo as cores laranxas. O ala-pivote Dani Martín (Salamanca, 1988) tamén recalou na costa de Lugo en 2009; tras o salto ao Carnicer Torrejón (2010-11) en 2011-12, regresou ás filas burelistas durante a primeira rolda da competición e finalizou a tempada co Azkar Lugo. Para o ala Hugo Sánchez (Lugo, 1989) e o peche Enrique Cánovas (Totana-Murcia, 1989), no entanto, esta é a primeira tempada no Burela FS; chegaron á Mariña na estrea da elite con experiencia na máxima categoría, dende Marfil Santa Coloma e ElPozo Murcia, respectivamente.
El BURELA FS DECLARA TRANSFERIBLES A ANDRÉ, DANI MARTÍN, HUGO Y ENRIQUE
El Burela FS Pescados Rubén ha declarado transferibles a André, Dani Martín, Hugo y Enrique. Esta misma mañana la directiva naranja les comunicó la decisión; el club escuchará todas aquellas propuestas que reciba por los jugadores para facilitar su salida del equipo mariñano.
El italo-brasileño André Nogueira, de 25 años, firmó con el Burela FS en 2009-10 procedente del ASD Regalbuto, de la Serie A2 italiana; el ala-cierre disputó tres play offs a Primera defendiendo los colores naranjas. El ala-pívot Dani Martín (Salamanca, 1988) también recaló en la costa de Lugo en 2009; tras el salto al Carnicer Torrejón (2010-11) en 2011-12, regresó a las filas burelistas durante la primera ronda de la competición y finalizó la temporada con el Azkar Lugo. Para el ala Hugo Sánchez (Lugo, 1989) y el cierre Enrique Cánovas (Totana-Murcia, 1989), no obstante, esta es la primera temporada en el Burela FS; llegaron a A Mariña en el debut de la élite con experiencia en la máxima categoría, desde Marfil Santa Coloma y ElPozo Murcia, respectivamente.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
