Ribadeo, 22 de febreiro de 2013.- Logo de saber que Tripadvisor, a web de viaxes máis grande do mundo, situou á praia das Catedrais coma a segunda máis bonita de Europa e a sexta do mundo, o Partido Popular mostra a súa satisfacción por unha nova deste tipo.
O que lamenta o Presidente do PP de Ribadeo, é a tradicional actitude de victimismo do alcalde, quen “ata nunha nova deste tipo ten que lanzar as súas queixas de falsos argumentos, mencionando á Xunta de Galicia e ao Goberno de España”.
“Lémbrolle ao Señor Suárez Barcia que o Partido Popular, colaborou sempre coa praia das catedrais, polo que lle pido que deixe as súas mentiras e se preocupe de seguir coidando e conservando este areal”- manifesta López Penabad.
Conclúe o popular instando ao rexedor a que deixe a un lado esta actitude de victimismo e amargura e se alegre por unha nova deste tipo, deixando a un lado a súa demagoxía e falsedade.