Burela, 19 de marzo de 2013. O Concello asinará proximamente dous convenios, un co Ministerio de Hacienda e outro con Portos de Galicia. Segundo o alcalde, José Mª González Barcia, o primeiro permitirá realizar desde o Concello as modificacións de uso dos locais comerciais, e o segundo regularizará as instalacións municipais de saneamento que existen no espazo portuario.
O rexedor explicou que “imos solicitar ao Ministerio de Hacienda asinar un convenio de cara á xestión catastral. Xa tiñamos un convenio firmado desde o ano 2005 mediante o que desde o propio Concello podíanse dar de alta novas edificacións, novas construcións”. González Barcia subliñou que “co novo convenio, que modifica ao anterior, poderemos realizar tamén desde o Concello as modificacións de uso nos locais comerciais a nivel catastral, que agora mesmo había que tramitar directamente desde Lugo. Sempre e en todo momento quen ten que facer este cambio é o titular do local”.
O primeiro que terá que facer o Concello de Burela é pedir autorización ao Ministerio de Hacienda, “despois desde o Ministerio reenvíannos o convenio e hai que aprobar en pleno a sinatura do mesmo. Nun prazo de catro ou cinco meses estaríamos xa en disposición de poder tramitar as modificacións de uso nos locais comerciais desde o Concello”, engadiu o alcalde.
José Mª González Barcia indicou que “estamos pendentes de asinar outro convenio con Portos de Galicia no que se especifican as instalacións de carácter municipal que existen no espazo portuario, basicamente no que se refire a saneamento”. O rexedor burelés dixo que “agora mesmo alí temos a EDAR e un sistema de colectores da rede de saneamento que, grazas á sinatura deste convenio, verán regularizada a súa situación e o Concello asume o mantemento destas instalacións porque son municipais”.
O alcalde sinalou que “este é un paso que da Portos de Galicia na elaboración do plan de usos do espazo portuario, que é previo á redacción dun plan especial no que podería contemplarse no futuro esa nova EDAR ou a ampliación da EDAR actual que precisamos para poder garantir un correcto saneamento do noso termo municipal”.
Recadación municipal
González Barcia recalcou hoxe que “en Burela a xente cumpre pagando os seus impostos. É de sobresaliente o grao de recadación en período voluntario que temos, é un dos máis altos en toda a provincia de Lugo en calquera concepto fiscal. Tamén é moi alto o número de contribuíntes que ten domiciliados os seus impostos. É moi raro que atopemos xente que non pague os seus impostos, o que pretendemos é que todo o mundo pague o que lle corresponde, nin un euro máis nin un euro menos”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



