Foz, 3 de abril de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, reuniuse hoxe cos representantes dos traballadores municipais para presentarlles a proposta de orzamento para este ano 2013 elaborada polo goberno local. O rexedor valora positivamente o visto bo dos representantes sindicais e dos traballadores aos orzamentos propostos e deixou claro que “tratou de acceder ás pretensións máis importantes realizadas pola oposición, unha vez visto o resultado das últimas reunións cos portavoces, nas que dixeron que non había outra posibilidade de negociación que non pasase pola aplicación da suba da RPT aprobada polo pleno no ano 2009 e dun plan de emprego municipal”.
Castiñeira quixo aclarar que “este ano toca aplicar o 30 por cento da cantidade pactada de suba no ano 2009, que non debe confundirse co 30 por cento do salario. É unha suba xa programada en 2009 na que os traballadores accederon a que fose de forma gradual en diferentes anualidades, e este ano toca o 30 por cento desa cantidade pactada”.
O alcalde explicou aos representantes sindicais a situación económica do Concello, que “é complexa posto que a oposición non aprobou o plan de pago a provedores e polo tanto este é o ano de máximo esforzo económico. Hai un problema de liquidez importante e un compromiso cos provedores e o cambio de postura do alcalde obedece simple e llanamente a atender as pretensións que a oposición lle estableceu como mínimas para aprobar os orzamentos, pero o grupo de goberno segue pensando o mesmo que a primeiros de ano respecto a que non procede, dada a delicada situación económica do Concello, a citada aplicación da RPT. Do mesmo xeito fixo co plan de emprego, que era outro dos requisitos da oposición cos que o grupo de goberno discrepaba e do que nunca foi partidario”.
Castiñeira engadiu que “esas son as dúas emendas máis importantes que fixeron os grupos da oposición á proposta inicial do goberno e polo tanto non hai outra que acceder para poder aprobalos. Este equipo de goberno entende que sempre son mellores uns orzamentos actualizados, aínda que non sexan os que máis nos gusten, que uns orzamentos prorrogados, sobre todo nun ano difícil economicamente”.
O rexedor municipal tamén comentou que “as condicións laborais non se modifican para nada, seguen co obxectivo que había inicialmente no ano 2009. E os representantes dos traballadores non poñen ningún tipo de inconveniente á proposta de orzamentos do alcalde, que si lles pide un esforzo para tratar de rentabilizar ao máximo o material, as ferramentas, maquinaria e medios usados, porque este ano é complexo e necesítase tamén a colaboración dos empregados, da cal o alcalde non dubida nunca, para tratar de buscar o máximo aforro posible e a eficacia nos traballos”.
E rematou explicando que “unha vez feita esta xunta de persoal agora os orzamentos trataranse por parte de todos os grupos municipais na comisión de pleno que está convocada para mañá, xoves, ás oito e media da tarde. E o día 11 deste mes será a sesión plenaria da corporación na que se sometarán a votación estes orzamentos”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



