Lugo 4 de abril de 2013.- Novas Xeracións da provincia de Lugo centrarase esta fin de semana na análise de medidas para o fomento do emprego, así como no estudo da situación actual do sector pesqueiro lucense.
Os mozos da agrupación político xuvenil vinculada aos populares organizarán dous actos, nos que xunto con expertos, profesionais e políticos, celebrarán mesas de análise nas que debaterán sobre estes dous ámbitos, as medidas para o fomento do emprego e o sector pesqueiro.
Baixo o titular de ‘Medidas para o Futuro’, o acto sobre emprego, que será inaugurado polo rexedor local, terá lugar mañá, venres, no hotel Villamartín de Vilalba, ás oito e media da tarde. Na mesa redonda intervirán autónomos, mozos emprendedores, e membro da política.
Mentres, o acto sobre pesca, será o sábado, ás 11:30 horas, no salón de Actos da Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro). Neste caso, o programa está deseñado en dúas mesas de debate, unha, baixo o lema de Experiencias da Vida, co participación de mariscadoras, propietarios de pescaderías e antigos responsables políticos nesta área. A segunda mesa de debate versará sobre a situación actual do sector pesqueiro.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



