Este domingo, día 7 de abril, arrinca un novo programa cultural para este mes no centro social de Cangas de Foz. Será con teatro as sete da tarde a cargo do grupo da Asociación VEA de Barreiros coa obra “¿Por que a min?. E aínda haberá outra cita teatral o domingo día 14 e tamén ás sete da tarde, cando o grupo Ollomao de San Miguel represente “Os vellos non deben de namorarse”. Por último, o domingo 21 haberá asemblea xeral extraordinaria ás cinco da tarde para as eleccións da xunta directiva e na que participarán C.M.V.M.C. Real, Rañadoiro e Agudo; Agrupación Dep. Cultural Os Castros; e, AA. de VV San Pedro. Cómpre recordar que a entrada para o teatro é de balde.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



