Cervo, 8 de abril de 2013-O Concello de Cervo, a través da Concellería de Igualdade, quixo facer un agradecemento público a todas as persoas, asociacións, comercios e empresas que colaboraron co X Encontro de Palilleiras de San Cibrao que se celebrou o pasado sábado. A edil de Igualdade, Pilar Armada, asegurou que “un evento tan grande e con tanta repercusión coma este só é posible cando se unen os esforzos particulares”.
A concelleira quixo facer unha mención expresa a Modesta Lombardero e Mariluz Méndez, “artífices a promotoras do encontro, que levan dez anos implicándose ao cen por cen na súa organización e máximas responsables de que edición tras edición sigan acudindo centos de palilleiras” engade Armada. A delegada de Igualdade lembrou que “hai un grande traballo detrás deste encontro, que se comeza a organizar meses antes”. O Concello fixo entrega ás dúas profesoras duns detalles de recoñecemento á súa labor nestes anos de encontro.
Armada deulles as grazas tamén a todos os comercios, empresas, entidades e asociacións que achegaron os produtos e artigos que se sortearon ao remate do Encontro de Palilleiras: Labores Mabe San Ciprián, Fábrica de Sargadelos, Cerámicas Gudín, Eladio Bello Máquinas de Coser, Mercería e decoración Ajuar, Autos Rodríguez, Cesáreo Eijo Canoura Multicarpas, Distribucións Carreiras, Presencia Hilaturas, Asociación Alborada e Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño.
A edil tamén tivo palabras de gratitude para outros colaboradores como o grupo folclórico Airiños do Xunco, que animou a xornada con música tradicional, a Asociación de Montes de San Román, que prestou material, sen esquecerse do persoal de axuda a domicilio do Concello e do servizo municipal de obras, os efectivos da Policía Local e voluntarios de Protección Civil. Ao mesmo tempo, a edil tamén quixo destacar as achegas feitas por particulares e que fixeron posible a exposición “Encaixe nos meniños” na que se amosaron máis de 200 pezas de roupa e complementos con encaixe.
“O traballo de todos tivo como resultado unha xornada de reunión e encontro con máis de 600 palilleiras de todas as idades, destacando a presenza de preto de 20 rapazas e mozas, e a asistencia de numeroso público que se achegou ata o pavillón da Veiga para ver e escoitar en directo este espectáculo da artesanía” remata Armada.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



