Respecto ás declaracións do portavoz do BNG en Xove, Marco López, debo dicir que sí é certo que mostrei o meu apoio incondicional ós traballadores de Alcoa en todo momento, incluíndo tamén a súa reclamación o 27 de setembro en Santiago.
Pero tamén é certo que ese mesmo día acudín a Santiago no meu vehículo particular, como Alcalde de Xove, bastante antes da hora da manifestación, realizando xestións ante a Consellería de Industria, como fixen noutros moitos momentos da difícil situación pola que pasou Alcoa. Estas xestións tiveron como resultado unha audiencia do Conselleiro cos representantes dos traballadores á que eu tamén asistín como se pode comprobar pois foi recollida por tódolos medios de comunicación.
Polo tanto, debo dicirlle ó Sr. López que non acudín a Santiago exclusivamente a unha manifestación, como el supón, pois en contra do que pensa el e o BNG, de que todo se soluciona con berros, insultos e axitando bandeiras, outros pensamos que é máis útil a xestión, o traballo e o diálogo.
Este traballo, realizado por moita xente, entre os que me inclúo, reflectiuse na consecución dun contrato eléctrico axeitado para Alcoa, e no medio quedaron moitas reunións, moitas visitas á fábrica e horas de traballo, incluídos fins de semana e viaxes na comarca no meu coche particular polos que nunca cobrei un só euro. E estou orgulloso de telo feito así, entre outras cousas porque Alcoa é imprescindible para o Concello de Xove, ó que teño a honra de representar e constitúe o sustento para moitos dos meus veciños.
Durante todo o proceso, sen embargo, non deixa de ser chamativo que ninguén do BNG de Xove se preocupara por Alcoa, que non houbera nin unha soa pregunta acerca da situación, e que só se vira a varios do membros do BNG xovense na manifestación de Viveiro de apoio á fábrica axitando bandeiras e proferindo insultos contra o PP.
Agora, á vista das declaracións de Marco López, queda claro que o interese do BNG nunca foi Alcoa, senón prexudicar ó PP para sacar réditos políticos.
Por certo, os 92 euros cobrados en dietas, cantidade que está regulada por lei, é menos do que cobran os dous concelleiros do BNG por acudir a cada pleno do Concello, gasto que por certo non ten ningunha rendibilidade para Xove, xa que tras dous anos de lexislatura aínda non presentaron ningunha iniciativa relacionada co municipio.
E xa para rematar, e con respecto a Marco López, o único que se sabe del en Xove e que paga os seus impostos noutro concello e que acude a Xove só a beneficiarse dos servizos que pagamos todos os xovenses, e un claro exemplo sería o uso que está a facer dende hai preto de dous anos da escola infantil municipal, pese a residir en Viveiro, e que se mantén, ademais das cotas dos usuarios, cos impostos dos veciños de Xove, pois como el ben sabe, é claramente deficitaria.
Polo tanto, nin el, ni algún compañeiro do seu partido que tampouco reside en Xove, son as persoas máis indicadas para falar de “ética”.
Demetrio Salgueiro
Alcalde de Xove


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



