Os socialistas lamentan as “máis que desafortunadas” afirmacións do alcalde, Alfonso Fuente, no pleno do Concello, “que retratan o seu machismo e fanatismo intolerante”. O rexedor afirmou, tras rexeitar unha moción contra o repago nos comedores, que “os comunistas deixan de ser comunistas cando teñen cartos, as feministas deixan de ser feministas cando casan e os ateos deixan de ser ateos cando cae o avión no que viaxan”
O grupo municipal socialista de Barreiros esixe que o PP censure as declaracións do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e que este pida desculpas despois dunha “máis que desafortunada” afirmación no último pleno municipal, no que asegurou que “os comunistas deixan de ser comunistas cando teñen cartos, as feministas deixan de ser feministas cando casan e os ateos deixan de ser ateos cando cae o avión no que viaxan”.
Esta frase foi parte da resposta do alcalde ao PSdeG e o BNG despois de defender o seu voto en contra a unha moción para a supresión do repago nos comedores escolares, para o que argumentou que non é xusto que os seus fillos non paguen polo comedor, equiparándoos a outras familias que teñen menos cartos. Foi nese momento no que sacou o tema do “comunismo”.
A socialista Carmen Veiga lamenta as afirmacións, “que retratan o seu machismo e fanatismo intolerante, cunha falta de respecto absoluta polos que non comparten as súas ideas”, e denuncia asimesmo que a secretaria do Concello non reflectiu na acta a afirmación, a pesar das protestas despois de que unha representante do BNG esixise que o rexedor se retractase. “O despotismo e o desprezo co que actúan moitos alcaldes do PP nos seus municipios é intolerable, cren que o pobo é seu e que son invulnerables”, lamenta Veiga.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



