Preto de 300 persoas están xa inscritas no Congreso #INLUGO, organizado pola Deputación de Lugo para os días 7 e 8 de xuño, que reunirá por primeira vez na capital lucense a máis de 30 recoñecidos profesionais de sectores como o xornalismo, turismo, tecnoloxía, emprego, marketing online ou acción social, cuxos blogs e redes sociais contan con miles de seguidores, abordarán en varias ponencias e debates os cambios nos hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que provoca Internet. Os interesados en participar nestas xornadas aínda poden reservar algunha das últimas prazas dispoñibles entrando na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org –na que poderán atopar un acceso directo ó I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais-, ou en www.inlugo.com. Para a participación, respectarase rigorosamente a orde de entrada das solicitudes ata completar o aforo.
Tamén están acaparando a atención os Premios #INLUGO, para os que xa presentaron as súas candidaturas preto de 20 aspirantes. Con esta iniciativa, a Deputación quere recoñecer as persoas, proxectos, organizacións ou empresas da provincia de Lugo que destaquen polo emprego exemplar de Internet e das novas están a destacar polo bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías en ámbitos coma o comercio, ocio e restauración; educación e formación; deporte e saúde; cultura ou tecnoloxía. Os interesados poden seguir presentando as súas candidaturas ata a mesma data, 4 de xuño, cubrindo o formulario en www.deputacionlugo.org e www.inlugo.com. Os gañadores recibirán un trofeo e dispositivos tecnolóxicos de última xeneración cedidos por Telefónica.
Aposta pola economía do coñecemento
#INLUGO está cofinanciado nun 80% pola Unión Europea, e conta para a súa organización co apoio de InterQué, entidade integrada por profesionais cunha amplia traxectoria das Novas Tecnoloxías da Información, responsables do desenvolvemento de proxectos de éxito como Bitacoras.com, a maior rede social blogger do mundo hispano, con máis de 350.000 usuarios rexistrados e máis de 1 millóns de blogs indexados; ou Laburo, o 1º metabuscador hispano de emprego.
Baixo o eslogan “Internet cerca de ti”, #INLUGO será encontro de referencia en Galicia, reunindo por primeira vez a profesionais coma Mario Tascón, gurú dos medios dixitais e tweetgrafólogo; Pilar Portero, activista do xornalismo 2.0; Alfonso Alcántara, referente no emprego e coaching 2.0; Wicho, creador do blog máis popular en España; Sebastián Muriel, Tuenti, a rede dos máis novos; Francisco Polo, o ciberactivista de referencia con change.org; Clara Grima, a profesora blogueira das matemáticas; Victoriano Izquierdo, recoñecido fotoblogger con Pixel Fugaz; ou Gonzalo Moreno, Minube, a Comudade de Viaxeiros, entre outros recoñecidos profesionais.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



