Os alumnos de 1º curso do ciclo de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS), dependente da Fundación TIC, veñen de prestar a súa colaboración coa Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) elaborando unha reportaxe para dar a coñecer a realidade desta enfermidade e das persoas que a padecen, 350 na provincia de Lugo e 2.500 en toda Galicia. O vídeo proxectarase hoxe, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple, e recolle os testemuños de tres afectados de EM, que aportan os seus puntos de vista sobre o descoñecemento por parte da sociedade sobre este trastorno ou a atención sanitaria específica que necesita este colectivo.
Os estudantes da EIS, o único centro público da provincia que imparte ensinanzas superiores da rama audiovisual, encargáronse de executar a totalidade do proxecto, dende a produción e edición ata a postprodución do mesmo, no módulo de montaxe co que contan na Escola. O froito deste traballo darase a coñecer durante un Obradoiro sobre a Esclerose Múltiple, que se celebra esta tarde, a partires das 20:00 horas, no HULA. Durante o encontro daranse a coñecer aspectos desta enfermidade, coma as súas manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento, así coma os procedementos máis axeitados para ensinar a pacientes e familiares as habilidades precisas para afrontar o proceso da enfermidade.
Pola inserción laboral
ALUCEM é unha das máis de cen asociacións sen ánimo de lucro coas que a Fundación TIC ten asinado convenios co dobre obxectivo de divulgar o seu labor ó tempo que os alumnos realizan prácticas reais e os titulados contan cun completo programa de bolsas que melloran as súas posibilidades de inserción laboral de todos eles. Ademais, a TIC mantén contacto con 70 empresas do sector audiovisual que contan a miúdo con alumnos e bolseiros, o que lles permite realizar traballos profesionais de xeito habitual.
A Escola de Imaxe e Son de Lugo oferta 44 prazas, 22 para cada un dos módulos superiores: Realización e Produción de Audiovisuaise conta con matrícula gratuíta dende hai cinco anos para todos os alumnos, agás os repetidores, co fin de apoiar un ensino público de calidade e accesible a todos.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



