Cervo, 30 de maio de 2013-A Concellería de Deportes que dirixe o edil Luis Guillén clausurou esta tarde os cursos infantís impartidos na piscina municipal de Lieiro ao longo do período 2012-2013. Un acto no que participaron uns 60 nenos e nenas que, recolleron os diplomas acreditativos da súa asistencia da man do edil así como do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e despois puideron participar en xogos acuáticos preparados para a ocasión cos seus respectivos monitores e acompañados tamén por pais e nais.
Un evento de clausura co que se pon o broche final a esta temporada deportiva na piscina olímpica, onde se impartiron cursos de natación para nenos e adultos, para bebés e aquagim nos que participaron en total unhas 100 persoas. Ao mesmo tempo, a delegación de Deportes e o persoal da piscina xa traballan conxuntamente na programación dos cursos para o período 2013-2014, nos que prevén incluír novidades “cunha oferta máis variada e atractiva se cabe para fomentar a práctica de deporte acuático” tal e como explica Guillén.
Outro dos obxectivos é “seguir na liña de potenciar a utilización desta instalación municipal e explotar ao máximo as súas posibilidades” engade o edil de Deportes, departamento que tamén aproveitou para facer balance do uso da piscina. Un balance que arroxa datos moi positivos xa que en só dous anos incrementou o número de asociados nun 22%, pasando de 568 en maio de 2011 a 697 no mesmo mes de 2013.
Uns datos nos que se contabiliza unicamente o número de persoas asociadas que aboan unha cota mensual, polo que a cifra de usuarios reais é moi superior ao non incluírse a cantidade de bonos nin de entradas libres vendidos. A modo de referencia, dicir que en só dous meses, abril e maio, os usuarios solicitaron un total de 70 bonos con 10 pases cada un.





















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
