O domingo 2 de xuño ás 19:30 h terá lugar na igrexa parroquial de San Xoán de Covas a celebracíón eucarística do Corpus Christi, oficiada por Don Xosé Román Escourido Basanta, párroco das parroquias de San Xoán de Covas, San Pedro de Mosende, Santa María de Suegos e San Román de O Val, ademáis de ser o actual Arcipreste de Viveiro e Delegado Episcopal dos Santuarios, Turismo e Peregrinacións da Diócese de Mondoñedo Ferrol. Ó finalizar a celebración sairá a procesión, arredor das 20:00 horas, para dirixirse cara o alto do paseo marítimo onde se exporá oSantísimo Sacramento. A procesión do Corpus Christi será acompañada, un ano máis, pola Banda Naval de CC e TT do Casino de Viveiro.
Corpus Christi na parroquia de Covas
Corpus Christi na parroquia de Covas
Relacionado
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño ás 19:30 h na praza do Concello
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo