A Sociedade Deportiva Xove Fútbol Sala, en colaboración co Concello de Xove e co Viveiro FSF, organiza o vindeiro sábado 8 de Xuño unha xornada formativa para adestradores de fútbol sala que terá lugar no Pavillón Municipal de Xove.
Os ponentes serán Diego Ríos (adestrador do Azkar Lugo), Gonzalo Iglesias (2º adestrador do Azkar Lugo), Alfonso Mera (preparador físico do Burela FS e do Burela FSF), Eduardo Lago (adestrador do Viveiro FSF) e Dani Díaz (adestrador da Escola de Fútbol Sala da ACD Xove).
A xornada desenvolverase dende as 11h. ata as 21h. (con parada para almorzar), e os horarios estarán adaptados as semifinais do título de Liga da LNFS no caso de que sexan televisadas.
O prezo é de 35 euros para o público xeral, 30 euros para os socios da SD Xove FS e 25 euros para grupos de 5 persoas que se inscriban conxuntamente. A inscrición inclúe DVD coa documentación do evento, diploma de asistencia e o dereito a participar en sorteos. O prazo remata o xoves 6 de xuño.
Para máis información chamar ó 672 09 66 09 ou a través do enderezo electrónico: sdxovefs@gmail.com.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
