Representantes de varias entidades reuníronse o pasado venres no ribadense local do Lavadoiro dos Fornos con varios puntos na orde do día.
-En primeiro lugar, como introducción ós puntos a tratar, pasouse revista ó feito na xuntanza anterior.
-Pasouse logo á participación das asociacións na xestión da Reserva da Biosfera, onde se analizou diversa documentación e se viu que na actualidade a Reserva da Biosfera está na fase de alegacións ó plan por parte dos concellos integrantes, algo que se podía facer extensivo a todo o mundo, asociacións incluídas, tendo en conta que xa na xuntanza anterior saíra á palestra o aínda inexistente plan de ordenación de recursos naturais da ría (PORNA). Acordouse pedir ó alcalde os datos da normativa de participación.
-En relación á adhesión ó escrito da plataforma da área sanitaria da Mariña, acordouse a adhesión. En relación ó tema sanitario, falouse tamén do Centro de Saúde de Ribadeo, no que hai oito prazas de medicina xeral e 4 de urxencias. Non obstante, hai un médico de medicina xeral de baixa sen substituír hai un ano, co correspondente reparto de pacientes entre os outros e lento trasvase de cartillas a outros médicos, o que indica un desdeixamento da praza e unha posible supresión no futuro, na liña de deterioramento da sanidade pública. Quedouse en facer un escrito denunciando o feito e apoiando a que o servizo prestado en Ribadeo sexan as oito prazas acordadas.
-En relación ó nome da ría, a AVV O Tesón manifestou estar a facer unha publicación que espera ter lista este verán.
-Pasouse logo á participación cidadá, onde se acordou retomar o tema, tomando como punto de partida a documentación xa xerada pola mesa hai varios anos, de cara a unha nova proposta na próxima xuntanza, que será celebrada a comezos do outono.
Xa fóra da orde do día, falouse do pouco uso que está a ter a ordenanza de medio ambiente e das consecuencias dalgunha política seguida no concello e relacionado co anterior, como o pacto de boa vontade para os depósitos previos ós permisos, e a obtención de permisos, para a saca de madeira, que a pesares das dificultades para a obtención de datos en relación a outros concellos, sábese que non funciona.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



