BURELA (FNC) .- A Delegación de Educación e Medio Ambiente de Burela organiza actividades para conmemorar o 5 de xuño o día mundial do medio ambiente. Segundo explica a edil, Lucía Bouza, “haberá unha campaña de intercambio de xoguetes, unha iniciativa que consiste nun intercambio de xoguetes usados que os nenos poderán realizar o próximo día 4 de xuño. As responsables do Centro de Educación Gaia pretenden con ésta campaña ilusionar aos nenos a través do intercambio de xoguetes para que poidan ser reutilizados”.
Os que desexen participar nesta iniciativa deben entregar os xoguetes a partires do 26 de maio (mañá martes) e ata o 29 do mesmo mes (venres). A entrega efectuarase en horario de 10:00 -13:00 e de 18:00-20:00 horas na casa da Cultura. Lucía Bouza aclara que “no obstante será o día 4 de xuño cando se procederá a realizar o intercambio en horario de 17:00 a 19:00 horas na Praza do Concello. A actividade está dirixida a nenos de entre 0-12 años e os menores de 6 anos deberán ir acompañados dos seus pais”.
Para conmemorar o día mundial do medio ambiente, as Delegacións que dirixe Lucía Bouza, organizan un xogo denominado pegadas-verdes. “Trátase dun xogo ao aire libre realizado en lona de 3X3 no que os participantes serán as súas propias fichas. Colocaranse enrima do taboleiro de lona estirado no chan e irán avanzando segundo o dado indique. O xogo ten 40 casillas, nas que se pode avanzar, retroceder e incluso contestar a unha pregunta. Os participantes recibirán un agasallo pola súa participación e serán invitados a unha merenda”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



