CERVO, 2 DE XULLO. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo alertan ó equipo de goberno das carencias da rede de saneamento dos núcleos de Cervo e Figuerido, “son moitos os veciños que nos trasladaron as súas queixas, sufren diariamente os malos olores desprendidos de dito sistema de depuración. Pedimos que se poña solución con urxencia a este problema e se revisen as obras para evitar posibles verquidos ó río”.
Os socialistas corroboraron “in situ” esta situación, “este novo sistema instalado na zona das Quintas parece non dar os resultados requeridos. O mal cheiro pode ir en aumento co incremento das temperaturas na época estival. Debemos atallar canto antes o problema para evitar máis prexuízos a veciños e visitantes”.
Por todo, o GMS presentou no Concello unha solicitude para que “o goberno faga as xestións oportunas, esixa responsabilidades a quen teña competencia e se nos manteña informados de cada paso que dan. Todo coa maior celeridade posible para non ver empeorada a situación”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



