A Mariña, 2 de xullo de 2013. Ana Ermida, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) da Mariña, pide prudencia ante a diminución do número de desempregados rexistrado no mes de xuño, xa que o emprego que se está a crear é emprego estacional que fai que os meses de verán sexan sempre positivos neste senso. “Aínda que a baixada do paro sempre é unha boa nova, non podemos caer en triunfalismos; debemos ser prudentes e ver como evolucionan a partir do mes de setembro. As cifras de desemprego seguen sendo históricas e batendo récords, en especial no que se refire a desemprego feminino e xuvenil.”
Ermida recorda que Lugo é a provincia que máis se está resentindo polas políticas de austeridade do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza, que en zonas como a Mariña están levando ao feche a decenas de empresas emblemáticas que empregaban a centos de mariñáns. Por iso, “Lugo é, tamén, a provincia galega na que no mes de xuño menos descendeu o número de parados, 876 persoas.”
Desde o Bloque aseguran que “as políticas do Partido Popular, como a reforma laboral, que só serviu para facilitar o despedimento, especialmente entre as mulleres, están a disparar o índice de pobreza e sitúan a Galicia, entre as comunidades do norte do Estado con maior índice de pobreza económica, 0,56 fronte ao 0,38 do País Vasco, o 0,46 de Navarra ou o 0,52 de Asturias; acontecendo o mesmo coa taxa de desempregados de longa duración que mentres en Navarra ou o País Vasco se sitúa no 5,2 e o 5,9 por cento, en Galiza supera o 8 por cento.”
Para Ana Emida é preciso mudar a política económica e social do Estado e a Xunta para por freo a esta situación devastadora na que cada vez máis familias teñen todos os membros en paro que esgotaron a súa prestación e teñen que acudir ás organizacións sociais. “Por moito que os dirixentes populares tente lanzar mensaxes positivos anunciando brotes verdes que só eles atisban, os datos din o contrario.”


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



