Cervo, 12 de xullo de 2013-O Concello de Cervo acometerá un proxecto de mellora da eficiencia enerxética na piscina olímpica municipal de Lieiro e que incluirá a execución de obras de calado en diferentes partes da instalación deportiva que permitirán reducir o consumo de enerxía. En concreto, o proxecto inclúe a reparación da cuberta e a reposición do canalón co obxectivo de eliminar as filtracións e as humidades. Ademais, vanse reparar as portas de acceso e vaise mellorar o sistema de quecemento da auga.
Con este conxunto de obras, que estarán rematadas previsiblemente a finais do verán, o Concello pretende que a piscina sexa, por unha banda máis hermética, de forma que se manteña a temperatura necesaria utilizando menos recursos, e por outra que o quecemento da instalación a través de calefacción, climatización e produción de auga quente implique un menor gasto. Deste xeito, poderanse reducir os custos de mantemento que supón para as arcas municipais esta piscina olímpica. Pero ao mesmo tempo, este proxecto beneficiará aos usuarios da piscina, xa que se lles ofrecerá un maior benestar e comodidade, o que tamén contribuirá a potenciar aínda máis esta instalación deportiva.
Cabe destacar que estas obras teñen un orzamento de 27.100 euros que serán financiados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención que xa foi concedida.
O edil de Deportes, Luis Guillén, manifestou estar moi “satisfeito de poder levar a cabo estas obras que mellorarán notablemente a calidade do servizo que se presta na piscina olímpica municipal” e que ao mesmo tempo “permitirán diminuír o consumo enerxético e gastos e, en consecuencia, ser máis respectuosos co medio ambiente”. Unha instalación deportiva que ten trece anos de antigüidade e que despois deste tempo precisa destas importantes reformas que permitan optimizar o seu funcionamento.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



