O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este martes un encontro co Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, na que foi a súa primeira visita institucional a este Concello mariñano, do que resultaron os primeiros acordos entre ambas as dúas administracións en materia de eficiencia enerxética e emprego para a promoción económica e o aforro municipal no Valadouro.
O titular provincial adiantou que a Deputación reducirá nun 10% a factura eléctrica do Concello, que ascende ós 90.000 euros anuais, coas medidas da Axencia Provincial da Enerxía. A institución luguesa investirá 30.000 euros na adquisición de 570 compoñentes, que instalará no alumeado público, no Consistorio e no centro sociocultural Manuel Lourenzo. O Presidente avanzou que antes de finais de ano o Valadouro contará con este material, que permitirá un aforro de 9.000 euros ó ano.
A dotación e instalación de lámpadas de baixo consumo ou LED´S más eficientes son froito do resultado da auditoría enerxética que o organismo provincial levou a cabo de xeito totalmente gratuíto en instalacións municipais do Valadouro mediante a Axencia Provincial da Enerxía, aforrando a este Concello ós 10.000 euros que, segundo os prezos do mercados, custan este traballos. Os 570 compoñentes para a redución da factura distribuiranse do seguinte xeito: 317 para o alumeado público, 151 na Casa Consistorial e 102 no centro sociocultural Manuel Lorenzo.
Emprego
A Deputación levará ó Valadouro dous cursos formativos e gratuíto sobre agricultura ecolóxica e o sector forestal co Fórmate en Verde, a programación coa que o organismo provincial xera emprego e fixa poboación no rural. Os participantes nestas accións formativas recibirán sen custe algún asesoramento técnico especializado para a creación ou reconversión de empresas vinculadas a sectores punteiros. Hai que ter en conta que a produción ecolóxica xera beneficios de 9 millóns de euros ó ano en Lugo, situando a esta provincia á cabeza en Galicia no volume de facturación. Ademais, Lugo é a provincia de maior importancia forestal na Comunidade, ó concentrar o 35% do total da superficie galega de monte arborado con 500.000 hectáreas. Dentro da provincia luguesa, A Mariña ten un gran peso neste eido ó contar co 30% das empresas lucenses adicadas ó sector da madeira. Ante as oportunidades económicas das accións formativas do Fórmate en Verde, Gómez Besteiro avanzou que no outono se levarán ó Valadouro estes dous cursos. O Concello deberá pór a disposición da institución luguesa os locais para a súa celebración.
Estrada do Cadramón
Outras das actuacións que porá en marcha de xeito inmediato a Deputación no Valadouro é a mellora da estrada provincial do Cadramón, tal e como adiantou Gómez Besteiro. O Alcalde do Valadouro fixo ó Presidente da Deputación outras peticións en materia de emprego, infraestruturas, promoción económica, medioambiental e impulso do rural, que serán estudadas pola institución luguesa.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



