Do 5 ao 9 de agosto celebrarase polas rúas de Ribadeo os obradoiros de arte enmariñARTE dirixidos a nenos e nenas maiores de 4 anos que se celebrarán en horario de 11:30 a 13:30 horas. O luns e o martes os obradoiros estarán dedicados á arquitectura, o mércores a ilustración de contos e cómic (para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos) e o xoves a realizar personaxes de barro e outros materiais (para nenos e nenas de 4 a 6 anos) e realizar figuras móbiles con alambres e outros materiais (de 7 a 12 anos). O venres dedicarase a realizar unha visita guiada á exposición “Mariñarte” no Forte de San Damián e clase de técnicas de ilustración.
Ribadeo celebrará os obradoiros enmariñARTE do 5 ao 9 de agosto
Ribadeo celebrará os obradoiros enmariñARTE do 5 ao 9 de agosto
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional