A Mariña 8 de agosto de 2013.- Logo do anuncio por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, concretamente, por parte do Conselleiro de Agustín Hernández e do director xeral de mobilidade, Miguel Rodríguez, quenes puxeron de manifiesto que despois do verán, licitarase un conxunto de melloras para executar de xeito inmediato obras en 37 estacións de autobuses galegas, José Manuel Balseiro mostrou a súa satisfacción e o seu agradecemento a Xunta de Galicia por esta iniciativa, posto que entre esas 37 estacións de autobuses, atópanse as de cinco concellos da comarca de A Mariña.
O popular manifestou que Burela, Ribadeo, Viveiro, Foz e Mondoñedo verán as súas estacións de autobuses melloradas despois do verán gracias ao traballo e preocupación do executivo galego, quen destinará 1.6 millóns de euros, incluídos nos investimentos do Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia, un programa plurianual para o período 2013-2016 que consta dun orzamento de máis de 4,2 millóns de euros, dos que os primeiros 1,6 millóns activaranse este mesmo ano.
O popular afirmou que gracias a esta iniciativa da Xunta de Galicia, as estacións de autobuses de Burela, Ribadeo, Viveiro, Foz e Mondoñedo verán as súas instalacións melloradas posto que será o goberno galego o encargado de desenvolver os arranxos precisos.
Balseiro manifestou que se levarán a cabo actuacións de mellora en cubertas e paramentos, patios de manobra, escaleiras mecánicas ou ascensores, segundo as necesidades que precise cada estación e engadíu que no Plan tamén se contemplan outras accións que melloren estas infraestruturas de transporte como pintado de estructuras e paredes ou substitución de asentos.
Salientou o popular que ademais se potenciará a accesibilidade, atendendo ás necesidades das persoas con mobilidade reducida no caso de que as instalacións non estean adaptadas, de conformidade cos requisitos do deseño urbano para todos.
Concluíu José Manuel Balseiro manifestando que este conxunto de actuacións a licitar tras o verán, tamén inclúe a mellora da información aos usuarios, tanto nas propias estacións como nas rutas mediante a mellora de sinalización e paneis informativos, tal e como se indica no Regulamento UE 181/2011 sobre os dereitos dos viaxeiros de autobús.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



