SANTIAGO. “Galicia di masivamente non á reforma local”. Con estas palabras José Manuel Rey clausurou esta tarde en Santiago a Asemblea Xeral Extraordinaria da Fegamp, na que se abordou como tema fundamental a reforma local que está a impulsar o Goberno.
Esta cita municipalista, que reuniu a 285 concellos e 3 deputacións, valeu para apoiar masivamente o documento de emendas elaborado pola Comisión Executiva, e que nos últimos días incorporou diversas propostas de grupos independentes e minoritarios. Na votación final, só 3 concellos (Maceda, Vilar de Santos e Ordes) votaron en contra, a pesar da inclusión das súas iniciativas no texto definitivo.
Durante as intervencións de apertura e de clausura, tanto o presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, como os vicepresidentes Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras), Francisco García (alcalde de Allariz) e Alfonso Villares (alcalde de Cervo), insistiron na importancia de manter a unidade do municipalismo galego fronte a esta reforma, unha imaxe de fortaleza que reforza o discurso dos alcaldes e alcaldesas.
En total, até 24 alcaldes e alcaldesas tomaron a palabra para referendar a postura crítica da Fegamp fronte á reforma, así como para abordar outros temas que preocupan ao municipalismo nestes tempos de crises.
Rey Varela mostrouse confiado en conseguir máis cambios no texto do proxecto de lei, agora que se atopa no trámite parlamentario, e deixou a porta aberta a adoptar novas decisións no seo da Fegamp se finalmente a reforma local non recolle as demandas dos concellos de toda Galicia.
“O principal valor que temos hoxe é a nosa capacidade para alcanzar consensos máis aló das nosas diferenzas partidarias”, sinalou Rey Varela, “estamos a facer o que nos piden os cidadáns, fraguar acordos de país”. Ademais, avanzou que o vindeiro mércores se celebrará unha reunión coa Xunta para abordar a evolución do Fondo de Cooperación Local, o mecanismo de financiamento que, con cargo aos ingresos da comunidade autónoma, teñen os concellos galegos.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



