Cervo, 15 de outubro de 2013-O Concello informou este martes de que a Deputación abriu outro expediente sancionador contra a administración cervense. Nesta ocasión o Goberno Provincial ten a intención de multar aos veciños pola obras de ampliación do saneamento de Trasbar incluídas no POS 2012 da Deputación. En concreto, o motivo que dá a administración provincial é que o Concello non dispoñía de autorización para acometer os traballos. Neste sentido o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo aclarar que o Concello presentoulle á Deputación o proxecto, a memoria e os planos da actuación por dúas veces, e solicitou os permisos, e o Goberno provincial concedeu as autorizacións que considerou oportunas.
Polo tanto, Villares asegura que só pode haber unha explicación para que a Deputación queira multar sen motivos ao Concello: “O seu afán persecutorio contra os veciños e veciñas de Cervo”. “Esta multa, que podería ascender ata os 150.000 euros, é un disparate e unha atrocidade” engade.
O rexedor pregúntase: “Como poden entender os veciños de Trasbar que mentres o seu Concello traballa para ampliar a rede de saneamento, a Deputación de Lugo se dedique a cobrarnos taxas e a multarnos?”. Ao mesmo, o mandatario cervense agarda que “esta situación sexa un erro e que o Goberno Provincial non siga adiante con este abuso”.
De feito, o Concello xa anunciou que enviará as correspondentes alegacións á Deputación para evitar unha nova multa. Con este son xa tres os expedientes sancionadores que o Goberno Provincial lle abriu ao Concello de Cervo, algo que chama a atención. “Isto é un absurdo, e non pasa con ningún outro municipio da provincia” engade.
Pero para o rexedor o especialmente grave é que “a Deputación quere multarnos por unha obra que ela mesma cofinancia”. Aínda así, o trato desigual entre concellos por parte do Goberno Provincial tamén se deixa notar noutras cuestións: “Non nos dan axudas, non fan investimentos en Cervo, e aínda por riba, nos saquean a taxas e a multas de xeito indecente”. Villares lembra neste sentido que a Deputación obrigou ao Concello a pagar 2.200 euros en taxas para poder acometer esta obra do seu propio plan provincial e que ela mesma cofinancia, “sen esquecernos de que nos fixeron comprar un cartel xigante anunciando que a Deputación participa no financiamento da obra”. O mandatario cervense explica ademais que o expediente chega tempo despois de que o Concello aboase os importes das taxas, de que se certificasen as obras e de que a Deputación pagase a súa parte.
“Botando contas, ao final aos cervenses sáenos máis barato ocuparnos nós sos da obra, porque se temos que aportar 28.000 euros e a Deputación só 12.000, e ademais pagar 2.200 euros en taxas, un cartel xigante e unha multa, o custo multiplícase”, ironiza o rexedor.
Villares asegura que polo momento o primeiro paso é presentar as alegacións, pero non descarta chegar ás instancias necesarias para demostrar o continuo acoso que sofre o Concello por parte da Deputación. Ao mesmo tempo, o rexedor ten previsto manter unha reunión coa veciñanza de Trasbar para explicarlles a situación actual. “A poboación ten que coñecer a persecución á que nos somete a Deputación” remata o rexedor.





















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



