Ribadeo, 28 de outubro de 2013. Un cento de persoas saíu á rúa na tarde deste luns en Ribadeo para amosar o seu malestar ante os continuos cortes no fluído eléctrico que sofre o concello. A concentración foi convocada por ACISA en protesta polos cortes de luz e para demandar un servizo eléctrico digno e contou co apoio de varios colectivos veciñais e representantes de formacións políticas coma o BNG, o PP e o PSOE.
A xerente de ACISA, Beatriz Irigoyen, foi a encargada de dar lectura ao manifesto: “os comerciantes, hostaleiros e outros empresarios non somos os únicos prexudicados polos continuos cortes que sofre o subministro eléctrico en Ribadeo, tamén o sodes todos os veciños e as veciñas do noso concello. Nós (comerciantes, hostaleiros e empresarios) sufrimos perdas, unhas veces son maiores e outras de menor importancia, pero sempre resultamos prexudicados. Pero tamén vós cando estades nun bar ou nun restaurante e non podedes tomar algo, comer ou cear en condicións; tamén o sodes cando ides a unha tenda e queredes pagar con tarxeta e non pode ser; tamén o sodes nun centro médico cando non se pode practicar unha proba e tamén o sodes nas vosas casas porque non podedes cociñar, non vos podedes duchar, etc, etc… Sen esquecernos deses pequenos cortes e subidas e baixadas de tensión que ocasionan desperfectos nos aparatos eléctricos que temos nas nosas casas e nos nosos negocios. Como sabedes son moitas as cousas que se deixan de facer cando un non ten luz”.
No comunicado a directiva de ACISA sinalou que “todos consumimos luz e todos a pagamos, segundo lle interesa á empresa e aos políticos de turno, pagamos por lecturas reais, por lecturas estimadas, pagamos polo consumo dun mes, polo consumo de dous… facemos o que queren e cando queren e non temos moitas opcións de cambiar estas formas de operar. Cada vez que se produce unha incidencia deste tipo en ACISA recibimos chamadas de asociados e incluso de veciños anónimos para queixarse desta situación. E sempre tentamos ser comprensivos coa empresa subministradora, pero chega un momento no que xa hai que plantexarse outras cousas. Vale que se produza un corte de luz cunha tormenta, cunha cicloxénese explosiva, cando se fai unha tarefa de mantemento, pero isto non pode ser a norma xeral un día si e outro tamén. Por iso estamos aquí hoxe”.
Unha mesa para recoller firmas estivo instalada no lugar no que se celebrou a concentración, nas inmediacións da praza de abastos, para respaldar a carta que ACISA lle fará chegar á Consellería de Industria. Ao longo desta semana haberá posibilidade de asinar en diversos establecementos comerciantes da vila. Beatriz Irigoyen no nome da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo dixo: “queremos pedirvos que apoiedes coas vosas sinaturas a petición que imos facerlle á Consellería de Industria. O que queremos en liñas xerais é que vele polo cumprimento do servizo que temos contratado. En Ribadeo temos os mesmos dereitos que o resto dos cidadáns doutros concellos da Mariña nos que non se dan estas situacións. Si hai que mellorar as instalacións, as liñas ou o que sexa preciso que se melloren dunha vez por todas, pero basta xa de desculpas e de cortes no subministro eléctrico”.
E rematou dando as grazas aos asistentes: “aos asociados e asociadas, aos veciños e ás veciñas de Ribadeo, aos colectivos que nos deron o seu apoio desde o primeiro momento, a todos os que dun xeito ou doutro hoxe queredes denunciar esta situación. Queremos un servizo eléctrico digno e acorde co que pagamos e non queremos máis cortes de luz en Ribadeo, porque senón seguiremos nesta loita”.
Á concentración asistiron o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, varios concelleiros, representantes de varias formacións políticas locais, así coma responsables de organizacións veciñais, hostaleiros e comerciantes. Tamén acudiu o presidente da plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico na Mariña, José Luis Moñita.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



