En que cabeza cabe que teñamos unha sanidade cada vez máis desastrosa e mal atendida, con listas de espera que impacientan e empeoran aos enfermos, con redución de persoal e ata de soldos dos profesionais deste sector, e, ademais, trátese de empuxarnos cara á sanidade privada, que, en moitos casos, reciben subvencións que pagamos todos?
En que cabeza cabe que sexan os funcionarios os que paguen sempre as conxelacións e baixadas de soldos, que rebaixan á súa vez o seu poder adquisitivo?
En que cabeza cabe que neste pais permitase a libre circulación de xentiña que reciben grandes ingresos dedicándose ao tráfico de armas, aos estupefacientes, a trátaa de brancas, ao branqueo de diñeiro, ou que non se pescude quen non pagan a seguridade social dos seus empregados, e que, en definitiva, quen practican a economía mergullada, non pagan impostos ou leven o seu diñeiro a paraísos fiscais?
En que cabeza cabe que se pretenda ameazar agora aos que traballaron toda a súa vida, aos que cotizaron á seguridade social e pagado os seus impostos, con conxelacións salariais, ou con ridículas subidas do 0,25 por cento que lles deixará por baixo do IPC, e, xa que logo, terán, como outros, perda de calidade de vida e de poder adquisitivo? Quérese de aquí en diante obrigar a que teñan o seu fondo de pensións particulares porque o estado non vai ser capaz de asumir a paga das súas xubilacións?
En que cabeza cabe que a educación, a universidade a investigación sufran tamén os ataques destas disparatadas reducións, e sígase subvencionado ao ensino privado, sabendo que estamos esnaquizando o progreso e o futuro das próximas xeracións?
En que cabeza cabe que, debido ás rebaixas drásticas e a unha austeridade non equitativamente practicada, as persoas sen recursos e máis vulnerables deixen de percibir as súas axudas económicas, os seus comedores, a súa asistencia médica e farmacéutica?, É que estamos tolos neste país?
En que cabeza cabe que co diñeiro dos españois axudouse a Nova Galicia Banco e probablemente a algún que outro banco, a saír da bancarrota á que a meteron os seus dirixentes e logo esten a punto de regalarllela a os americanos, tan galegos eles. E non se traduza en favorecer ás Pemes, aos emprendedores, ou ás persoas que individualmente soliciten préstamos, tendo, ata, medios con que responder?
En que cabeza cabe que moitos políticos cobren soldos astronómicos, moitos dirixentes de organismos públicos e tamén de empresas privadas, bancos, etc, que, encima, blindan os seus retiros ou indemnizacións con cantidades máis que substanciosas, non sexan capaces de entrar nesa senda da austeridade reducindo os seus ingresos e as súas múltiples prebendas, e en ocasións, sobresueldos?
Como é posible que nesta terra, aínda teñamos sociedades, propiedades patrimoniais, igrexas, etc. que pagan poucos impostos, ou ningún, mentres cos demais non se teñen ningunha consideración, e máis se o teu soldo depende dunha nómina controlada de cabo a cabo?
Podiamos seguir facendo preguntas, pero me temo que ninguén me vai a contestar, ou se fará o tolo. Máis ben creo que neste país de dispendios, de desigualdades e de inxustizas, máis ben creo que o que non hai é cabeza.
Otero Regal


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



