Ribadeo, 4 de novembro de 2013. A piscina municipal de Ribadeo estrea un sistema de desinfección da auga por raios ultravioletas. Deste xeito redúcese o desagradable olor a cloro que había na instalación, o picor nos ollos para aquelas persoas que nadan sen gafas e redúcese a utilización de produtos químicos en todo proceso de limpeza. O sistema, pioneiro na Mariña, foi presentado esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, polo director de zona de Serviocio, Gonzalo Angueira e polo director da piscina, Javier Canel.
O rexedor dixo que “é a partires desta semana cando entra en funcionamento este novo sistema pioneiro, porque en Galicia poucas piscinas poden contar con el. Todos os usuarios que xa estaban vindo ou aqueles potenciais que poidan vir atoparán unha piscina libre de cloro e cun ambiente moito máis respirable. Aínda que a normativa si que obriga a empregar unha pequena fracción de cloro esta é infinitamente menor á que había ata o de agora”.
Suárez Barcia sinalou que “este sistema cumpre con todas garantías sanitarias e converte á piscina municipal en pioneira, non só na Mariña, senón por todo o país adiante. Esta iniciativa que estamos levando adiante entre o Concello de Ribadeo e a concesionaria Serviocio é a primeira parte deste compromiso que hai poucas semanas acordamos nun pleno para mellorar a seguridade e saúde da instalación, tanto para os traballadores da piscina como para os usuarios que poderán vir sen problema”. O alcalde de Ribadeo manifestou que “antes igual había xente que non viña porque o cloro lle ocasionaba molestias ou alerxias ou mesmo porque a roupa se acaba corrompendo moito antes, agora con este novo sistema eses problemas desaparecen e ao mesmo tempo, en canto á seguridade, imos facer unhas actuacións na cuberta que estabilicen un posible deterioro, porque a piscina xa vai entrando en anos e é necesario facer un arranxo integral da cuberta. Iso farémolo á volta do inverno cando as circunstancias climatolóxicas o permitan”.
Gonzalo Angueira, responsable de zona de Serviocio, explicou que “o sistema de desinfección por ultravioletas, que é o que estamos a inaugurar hoxe aquí en Ribadeo, é pioneiro na Mariña e de cara aos usuarios vai aportar moitos beneficios, pero quizás o que máis vai notar a xente é ese característico olor a cloro, que desaparece desde hoxe, ao igual que ese picor que pode haber nos ollos cando se nada sen gafas. A nivel de auga e de ambiente a piscina de Ribadeo será unha instalación moito máis saudable”.
Angueira engadiu que “esta inversión que realizamos aquí en Ribadeo forma parte dunha partida que temos comprometida co Concello. Son 100.000 euros en total e esta é a primeira fase dese investimento e máis adiante continuaremos con eses traballos na cuberta para darlle unha maior estabilidade e preparala de cara aos vindeiros anos, sobre todo polos duros invernos que hai nesta zona”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



