Monumenta prepara en Lourenzá unha xornada completa de achegamento ao patrimonio e á creatividade o domingo 1 de decembro a partir das cinco da tarde. Xa, de mañá, os máis cativos poden achegarse aos obradoiros para saber máis das entradas das igrexas. E pola tarde, Unha faba, unha vida… unha performance músico-poética de UgMOV (Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol) por vez primeira en Galicia despois de ser presentada o ano pasado na Bretagne francesa. Estas dúas artistas unirán o seu traballo nunha palabra dentro do ciclo Monumenta e nun escenario coma a igrexa do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá e posterior traslado ó Concello.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



