“Dende o PS-PSOE de Burela queremos unha vez máis denunciar a falta de democracia e de tolerancia que ten o Alcalde, mostrando só interese para cobrar o seu soldo a final do mes e o resto do ano parece que está nunha sesta permanente, sobre todo cando se trata de defender os dereitos dos veciños e veciñas de Burela”, critican os socialistas de Burela.
Tamén engaden que “nesta ocasión o señor alcalde convócanos unha vez máis, a un pleno extraordinario, que xa sería o cuarto nun mes, en vez de convocar un ordinario que tocaba o 28 de novembro. Tamén temos que dicir que nos enteramos pola prensa, pois está máis interesado en saír na foto que informar ao resto da corporación”.
Os socialistas de Burela queremos explicar que “nos plenos extraordinarios só se pode tocar o tema que lle interesa ao sr. Alcalde, non se poden facer preguntas, non se poden facer mocións, o que se chama falta de liberdade de expresión…. Como sabe que se vai presentar unha moción en todos os concellos para a defensa do hospital da Costa, e ese tema non lle interesa, non o convoca. É chamativo ver que cando estaba na oposición foi varias veces protestarlle aos da Xunta, (cando había un goberno do PSOE), pola perda do servizo de autopsias no Hospital da Costa, agora non só se perden as autopsias se non toda a administración do hospital, pérdese o NIF propio e con el un presuposto só do hospital, pérdense varios servizos, desprázannos para operacións e consulta a Lugo…. Pero, agora o sr alcalde non quere falar do tema, nin que llo nomeen”.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela solicitaron un pleno extraordinario para pedir a Área única do hospital da costa e “tanto Barcia como os concelleiros do PP votan NON”. Tamén presentaron unha moción para trasladar a totalidade da área oncolóxica para Burela e os socialistas volven recordar que “tanto Barcia como os concelleiros do PP votaron NON”.
“Que podemos pensar de este alcalde?. Xa non quere molestar aos Conselleiros da Xunta do goberno do PP en beneficio dos veciños e veciñas de Burela? En cambio ben que foron molestalos en febreiro, nunha revolta que fixeron todos os alcaldes do PP, contra a reforma da administración local que lidera o se Montoro para que non lles baixara o seu soldo. De 40.000€ como figuraba inicialmente, subíronllo a 45.000€. Agora só lle queda aplicalo no concello que se lle esqueceu nos presupostos para o 2014”, apunta a concelleira socialista Remedios López.
“Outro tema que tamén nos preocupa ao PSOE e que se non temos plenos ordinarios non temos acceso aos decretos nin aos gastos do concello. Non podemos saber o que gasta o alcalde no sobresoldo de dietas, que seguro que sube ben mais que o do ano pasado. Antes só viaxaba o alcalde había un gasto de 12.000€ en dietas, agora viaxan todos os concelleiros…. Tampouco podemos saber dos gastos de comidas, dos informes de persoal e informes de obras… Este alcalde que perdeu o norte, no significado da palabra democracia, non fai mais que mostrar día a día a súa falla de transparencia. Tal cal como se fose o señor feudal da Idade Media, e o pobo os seus vasalos que só teñen a obriga de pagar tributos”, conclúe.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



