- A Presidenta da Deputación, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos XXIV Premios Mestre Mateo, celebrada por primeira vez en Lugo
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
- O actor e humorista Carlos Blanco presentará o seu espectáculo “A penúltima” na Casa da Cultura de Burela o venres 27 de marzo ás 21:00 horas
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
- Máis de 130 veciñas súmanse ao Encontro de Mulleres de El Franco, que homenaxeou a Cristina Pérez Castaño
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
- O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que, a partir do luns 23 de marzo, a avenida de Cervantes permanecerá cortada ao tráfico ata novo aviso con motivo dos traballos de arranxo do firme
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo, presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar, para avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
- O Coro Eufonía ofrecerá unha actuación o vindeiro 22 de marzo ás 19:30 horas na Catedral de Mondoñedo
A actividade conta coa colaboración do Concello.
- O Reyco Burela FS visitou este martes a sede do seu patrocinador principal, Reyco, nun encontro no que participaron varias das novas incorporacións do club
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.