A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano”, de Celeiro de Mariñaos continúa coa súa programación cultural outono-inverno. Este sábado día 4 de xaneiro, nas antigas escolas actuará o Grupo de Voces “SONS DE CELEIRO”, de Viveiro, ás 7 da tarde. E o domingo día 5, a partir das 5 da tarde e tamén nas escolas, estará dedicado aos nen@s. Actuará o grupo de animación infantil “REVOLTA NATURAL”, composto por catro membros, cun espectáculo de xogos e contacontos. Agárdase tamén a visita dos Reis de Oriente que virán cargados de agasallos, e haberá unha chocolatada.
Música, Reis e chocolate en Celeiro de Mariñaos
Música, Reis e chocolate en Celeiro de Mariñaos
Relacionado
-
Coa actuación de D’Crooners na rúa San Roque deron comezo os Xoves Abertos, organizados por Acisa Ribadeo dentro da campaña “O noso comercio é vida, vive Ribadeo”
-
A Asociación gastronómica Os Cacholeiros do Valadouro, celebrará a súa XXXIV Asamblea Xeral Ordinaria este sábado 16 de agosto ás 13h. no Restaurante Asturias en Ferreira
-
Manifestación este domingo en Ribadeo contra o xenocidio do pobo palestino