Diversos representantes de asociacións do concello reuníronse o pasado venres 31 á noite co alcalde e co concelleiro de Medio Ambiente no Salón de Plenos. A xuntanza foi preparada cunha previa mantida cun grupo máis amplo de representantes asociativos que responderon á convocatoria de O Tesón, que se encargou asemade da coordinación para a xuntanza coa alcaldía.
Co alcalde foron considerados temas diversos, incluíndo en primeiro lugar o parón que sofre dende hai xa varios anos o regulamento de participación cidadá. En relación a isto, o alcalde prometeu que retomaría o desenvolvemento, tendo mesmo en conta algún documento complementario que lle foi entregado, se ben non adiantou datas para levalo a cabo.
Foi tratado o tema da residencia, pero só a mero nivel de comentario das últimas informacións dispoñibles, e no marco da falta de competencias actual do concello.
Foi tratado despois a oferta de apoio das asociacións ó mantemento de servizos sanitarios na Mariña, se ben coñecendo ambas partes que o Concello non ten competencias no tema e polo tanto non pode recoller a oferta como tal.
Pasouse despois a outros temas. Así, e relacionados co funcionamento da participación cidadá, presentouse a queixa sobre a falta de contestación por parte do Concello a moitos escritos enviados, e o que estimamos unha falta de comunicación adecuada de xuntas e plenos que favoreza a participación cidadá.
Tratouse asemade a proposta de exposición das vidrieiras da capela do cemiterio, xa instaladas. E, se ben non é igual de aproveitable de cara ó coñecemento e difusión da importancia das vidrieiras, quedouse en remedar en parte a falta de exposición previa con unhas xornadas de portas abertas da capela.
En canto ó pobo, falouse do problema das cagadas caninas e do uso dos aparcamentos, problemas ambos que se espera ir erradicando paulatinamente. De igual xeito, tratáronse outros temas xerais como a inexistencia dunha ordenanza de ruídos ou o depósito de fianzas para amaño dos destrozos causados nos camiños pola extracción de madeira ou obras.
A segunda parte da xuntanza recaeu en revisión de diversas obras en todo o concello, dende o finalizado das rúas peonís no pobo, con charcos patentes dende o primeiro momento, ó rebacheo de diversas pistas ou invasión de terreo público no rural.
Fíxose fincapé de xeito especial nalgúns puntos, como as roturas frecuentes da tubería de traída de augas, realizada en materiais con mala vellez e que serán cada vez máis notorias. Respecto a isto, a solución pasaría pola renovación integral da traída, algo inasumible nestes momentos.
De mellor solución se estimou o evitar que queden estrados vasos de plástico nas festas das diversas parroquias, que se estima que a curto prazo estará solucionado.
De xeito parello, foron tratados outros moitos puntos que se fai difícil tratar nun resume.
A xuntanza, que durou perto de tres horas, puxo de manifesto que é convinte unha maior relación entre alcaldía e asociacións. Na procura dunha relación fluída entre a alcaldía e a mesa de asociacións, acordouse que a próxima xuntanza sería o día un de agosto.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



