A edila e ex senadora Mariña Gueimunde cuestiona a organización do congreso local do PP. Gueimunde sinalou que “as cousas fixéronse mal a conciencia o procedemento do que sairá o sucesor de César Aja á fronte do comité local “está amañado e teledirigido”. “A orixe da renuncia está na anulación de 22 das súas 47 avales iniciais porque non estaban actualizados no pago dos seus 12 euros de cota. Gueimunde argumentó que os candidatos, Bouza e ela mesma, utilizaron a lista de afiliados que lles facilitou o PP local. Nunha segunda lista remitida nas últimas horas están rexistrados 175 cos seus pagos ao día dos 325 que que figuran no censo……Advertiu ademais que un dos que non figura na lista actualizada é o propio César Aja, incluído entre os avales de Bouza”.
Pero ademais do dito a Gueimunde acusou a Cesar Aja de ameazas e presions para que ela non fora candidata.
A lei di que é obrigación do cidadán denunciar un delito cando o coñece, pero esa lei non rexe nos partidos, onde a denuncia dos abusos, corrupcións e arbitrariedades está prohibida porque se confunde coa deslealdade e a traizón. É o mesmo código de conduta que teñen as mafias, desde a de Chicago á rusa, incluíndo á yakuza xaponesa e á calabresa.
Dentro dos partidos coñécense case todos os segredos e suciedades, pero moi raramente eses segredos saen do grupo, sempre por medo a ser represaliado. Os cadros do PP sabían da existencia de sobres de diñeiro complementario nos altos niveis, así como do pago de “tributos” en negro por parte de empresas que aspiran a recibir contratos públicos, subvencións ou concesións, pero ninguén os denuncia ante o xuíz, como é o deber de todo demócrata. Ese silencio envilece e converte aos partidos políticos en aglomeraciones de cómplices activos. Do mesmo xeito, sucede en as administracions autonomicas, provinciais e locais e en todos os partidos politicos, en Galiza temos baixo sospeita a politicos do PP, PSOE, BNG e independentes, pero ninguén de dentro dos partidos denunciou eses delitos porque pertencer ao partido implica comulgar coas canalladas e delitos.
Fronte a esa infección non hai mais receita que “mais democracia”, unha democracia auténtica que impoña a liberdade no seo dos partidos e que respecte e faga cumprir unha lei que debe reformarse para que os canallas e corruptos sexan castigados e para que os ladróns políticos podrézanse no cárcere mentres non devolvan o botín. A única saída para partidos políticos que hoxe están “tocados” e en profundo declive sería a implantación da liberdade de debate, de conciencia e de pensamento nas súas filas, pero eses valores son imposibles en partidos verticais e autoritarios que incumplen o mandato constitucional de funcionamento democrático na vida interna.
Otero Regal.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



