Lourenzá, 26 de marzo de 2014.- Os concellos da Mariña comezarán a recibir no mes de abril o primeiro pago correspondente ás axudas destinadas para financiar o Servizo de Axuda no Fogar de dependencia (SAF de dependencia).
Así o indicou hoxe a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, no marco da visita que realizou ao centro de día de Lourenzá. Segundo sinalou a delegada, este concepto que se financia correspóndense co primeiro trimestre do 2014.
O investimento global no pasado exercicio supuxo un desembolso por parte do Executivo galego de máis de 1,85 millóns de euros na comarca da Mariña, que se utilizaron para dispensar máis de 200.000 horas de prestación. En total, a Consellería de Traballo e Benestar incrementou nos últimos dous anos nun 35% o investimento en axuda á dependencia nos concellos da Mariña.
A transferencia de financiamento para cada concello calculase en base a unha aplicación informática posta en marcha co actual goberno da Xunta, a través da cal se coordinan os diferentes concellos e o departamento Autonómico e na que se rexistra a información en tempo real das persoas beneficiarias atendidas e as horas de atención prestadas.
Arias destacou “os avances realizados” neste sentido pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, que “nos dous últimos anos logrou que os concellos comecen a recibir este financiamento con cinco meses de adianto con relación ao que o facían con anterioridade”. Deste xeito, axúdase aos concellos na prestación deste servizo ao tempo que se colabora para aliviar a súa situación económica actual neste ámbito, seguindo coas propias demandas dos concellos.
Con estas achegas, expuxo a delegada territorial, o departamento autonómico cumpre co primeiro pago dun servizo que no último exercicio permitiu a dispensación de máis de 930.000 horas de atención na provincia de Lugo. No conxunto da provincia, o investimento do pasado ano superou os 9,1 millóns de euros.
Durante a visita ao centro de día de Lourenzá, Arias, que estivo acompañada pola alcaldesa da localidade, Emma Álvarez, revisou as instalacións deste centro que, segundo indicou, conta cunha oferta total de ata 30 prazas.



















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



